Ander Barrenetxea Muguruza, nado en Donostia (Guipúscoa) o 27 de decembro de 2001, é un futbolista español que xoga como dianteiro na Real Sociedad de Fútbol da Primeira División de España.
Traxectoria Formouse nas categorías inferiores da Real Sociedad de Fútbol. Na tempada 2018-19 sendo xuvenil de segundo ano, empezou o curso na División de Honra de Jon Mikel Arrieta e daría o salto ao equipo sénior de Terceira División, a Real Sociedad de Fútbol C.
En setembro de 2018, Asier Garitano chamouno para adestrar co primeiro equipo no parón ligueiro ante a escaseza de efectivos pola marcha dos internacionais e as lesións. O dianteiro tivo a oportunidade de debutar en Tarbes nun amigable contra o Toulouse francés e comezaría a adestrar con asiduidade co primeiro equipo. É considerado dos grandes valores de Zubieta, así que o club donostiarra decidiu blindar o contrato do xogador o 7 de decembro de 2018 até o 30 de xuño de 2025.
O 21 de decembro de 2018 debutou en Anoeta en Primeira División nunha derrota fronte ao Deportivo Alavés por 0:1, sendo o primeiro xogador nado no século XXI en disputar un partido de LaLiga. Foi o segundo xogador máis novo en debutar coa elástica txuriurdin nun partido de Liga e o 26.º máis novo na historia de liga, ao debutar con 16 anos e 359 días.Barrenetxea, el 26º debutante más joven de la historia de la Liga
Ao comezo da tempada 2019-20 a Real Sociedad anunciou que Barrenetxea tería dorsal do primeiro equipo.
Estatísticas 20x20px Actualizado ao último partido disputado o 1 de decembro de 2021. ClubDiv.TempadaLigaCopas nacionais1Copas internacionais2TotalPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.GolesReal Sociedad "B"2.ª B2018-1981——81Total club81000081Real Sociedad1.ª2018-199100—912019-2017173—2442020-2131330604032021-22711030111Total club64611390849Total carreira7271139092101 Inclúe datos da Copa do Rei e Supercopa de España 2 Inclúe datos da liga Europa da UEFA
Palmarés
Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoCopa do ReiReal Sociedad2020
Campionatos internacionais TítuloEquipo (*)SedeAnoEurocopa Sub-192019 (*) Incluíndo a selección.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Transfermarkt Ander Barrenetxea, segundo xogador máis novo da historia en debutar coa Real Sociedad
Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en Donostia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19 Categoría:Xogadores da Real Sociedad B