Pilar Tejo Mora-Granados é unha das catro primeiras mulleres que en España obtiveron o título de Enxeñeira Naval.Así son las ingenieras españolas. García-Valdecantos, Esther. 24 de outubro de 2015 El Mundo.es Consultado 12 de xaneiro de 2017
Traxectoria Pilar Tejo Mora-Granados é directora técnica da Asociación Española de Fomento del Transporte Marítimo de Corta Distancia (SPC-España),SSS: UNA REALIDAD QUE ENFRENTA NUEVOS DESAFÍOS. Revista del sector marítimo. Ingeniería naval Consulta 12 de xaneiro de 2017 tamén é socia-directora da empresa Teirlog-Ingeniería, especializada en consultoría e enxeñería de transportes e loxística, que conta con profesionais especialistas no sector da enxeñaría naval.La UDC celebró en Ferrol el acto de homenaje a las mujeres. Diario de Ferrol, 10 de marzo de 2016 Consulta 12 de xaneiro de 2017
Ademais, Pilar Tejo Mora-Granados foi a directora de Salvamento Marítimo.Marina Civil. Nº 86. Páxina 4. Salvamento Marítimo Consulta 12 de xaneiro de 2017
Foi a primeira muller en recibir o Premio AINE, concedido pola Asociación de Enxeñeiros Navais, en 2009, na categoría de Enxeñeiro Naval con Traxectoria máis Destacada durante o ano 2009. Este galardón foi entregado en recoñecemento ao seu labor como directora xeral de Salvamento Marítimo durante máis de cinco anos, e aos logros acadados durante ese tempo no Plan Nacional de Salvamento 2006-2009, para mellorar o servizo de salvamento e loita contra a contaminación e previr situacións de emerxencia no mar.Memoria de actividades 2010 Asociación de ingenieros navales y oceánicos de España Consulta 12 de xaneiro de 2017
Ano no que tamén foi Directora Executiva de Portos, Loxística e Transporte Marítimo.ENTREGA DE LOS PREMIOS AINE 2009 Clúster marítimo español Consulta 12 de xaneiro de 2017
Ademais do seu labor dentro do sector, tamén imparte relatorios e charlas formativas e de orientación en diferentes institucións, tanto públicas como privadas, como a que se celebra no Ateneo de Madrid, ao abeiro da Fundación Philippe Cousteau “Unión de los Océanos" o 19 de xuño de 2007.LAS FUNDACIÓN APADRINA EN EL ATENEO LA CONFERENCIA DE PILAR TEJO, DIRECTORA DE SASEMAR. Fundación Philippe Cousteau “Unión de los Océanos” Consulta 12 de xaneiro de 2017
Notas
Véxase tamén Outros artigos Historia das mulleres na enxeñaría
Categoría:Enxeñeiros de España Categoría:Nados en ano descoñecido