miniatura|Eloy de la Iglesia, un dos directores máis representativos do cinema quinqui Coñécese popularmente en España como cinema quinqui o xénero cinematográfico que narra as vivencias de delincuentes de estrato social moi baixo, sempre novos ou moi novos, que acadaron sona polos seus delitos.
O xénero alcanzou o seu máximo esplendor a finais da década de 1970 e na de 1980, debido á grande inseguridade cidadá que vivía o país na época. Rodáronse numerosas películas e sagas, a gran maioría dirixidas por José Antonio de la Loma e Eloy de la Iglesia.
Características É moi frecuente que nestes filmes un delincuente habitual se converta en actor e se interprete a si mesmo ou a outro delincuente a quen coñece ou coñeceu, co fin de darlle maior realismo.
Moitas destas películas, biográficas ou pseudobiográficas, narran a vida dun certo delincuente, a súa contorna, as súas falcatruadas, a exclusión social sufrida ou as torturas sufridas en comisaría, entre outros. O delincuente, pertencente decote ao pobo caló ou á etnia moinante, adoita ser presentado como "nobre" e fiel a certos valores, como a lealdade grupal, o amor a unha muller ("arrebatada" en ocasións a un clan ou grupo social rival) ou a preocupación polo benestar da súa familia.
O tema central do cine quinqui é a delincuencia e a marxinalidade que a rodea, incluíndo o mundo da droga. Son habituais as escenas de toxicómanos preparando doses de heroína, "xutándoa" (inxectándoa), drogados ou co "mono" (síndrome de abstinencia).
Nalgúns casos móstrase o protagonista en situacións en que delinque co obxectivo de axudar economicamente a súa familia.
Tamén é común ver escenas eróticas e mesmo explicitamente sexuais.
Reflicte unha gran crítica social e ataca de xeito directo moitos estamentos sociais aos que se acusa de corrupción ou desigualdade: políticos, corpos policiais, clases adiñeiradas, consumismo etc.
Outro tema habitual é o roubo de coches e posteriores persecucións por estradas secundarias ou grandes cidades entre os quinquis e a Policía Nacional.
O argot utilizado nestas películas pretende imitar o habitual de barrios humildes, de ambientes delituosos, así como algunhas palabras do caló.
Un dos personaxes máis famosos foi Juan José Moreno Cuenca, El Vaquilla, (1961-2003), de quen se fixo unha película biográfica.
Películas de cine quinqui Dentro do cine quinqui houbo varios directores. Porén, destaca a filmografía de José Antonio de la Loma (1924-2004), considerado o pai do xénero, e Eloy de la Iglesia (1944-2006).
Filmografía de José Antonio de la Loma
El último viaje (1973) Perros callejeros (1977) Nunca en horas de clase (1978) Perros callejeros II: Busca y captura (1979) Los últimos golpes de El Torete (1980) Yo, "El Vaquilla" (1985) Perras callejeras (1985) Tres días de libertad (1995)
Filmografía de Eloy de la Iglesia
Los placeres ocultos (1976) El diputado (1978) Miedo a salir de noche (1980) Navajeros (1980) Colegas (1982) El pico (1983) El pico 2 (1984) La estanquera de Vallecas (1987)
Filmografía doutros directores
La Corea (Pedro Olea, 1976) ¿Y ahora qué, señor fiscal? (León Klimovsky, 1977) Juventud drogada (José Truchado, 1977) Las que empiezan a los 15 anos (Ignacio F. Iquino, 1978) Los violadores del amanecer (Ignacio F. Iquino, 1978) Chocolate (Gil Carretero, 1980) La patria del Rata (Francisco Lara Polop, 1980) Maravillas (Manuel Gutiérrez Aragón, 1980) Todos me llaman Gato (Raúl Peña, 1981) Barcelona sur (Jordi Cadena, 1981) Los jóvenes del barrio (documental) (Jaime García, 1982) Deprisa, deprisa (Carlos Saura, 1981) Que he hecho yo para merecer esto? (Pedro Almodóvar, 1984) De tripas corazón (Julio Sánchez Valdés, 1984) La reina del mate (Fermin Cabal, 1985) 27 horas (Montxo Armendáriz, 1986) El Lute: camina o revienta (Vicente Aranda, 1987) El Lute II: mañana seré libre (Vicente Aranda, 1988) Matar al Nani (Roberto Bodegas, 1988)
Outras películas Historias del Kronen (Montxo Armendáriz, 1995) Barrio (Fernando León de Aranoa, 1998) Aunque tú no lo sepas (Montxo Armendáriz, 1995) Báilame el agua Josecho San Mateo, 2000) 7 vírgenes (Alberto Rodríguez, 2005) Sufre Mamón (Manuel Summers, 1987) Volando voy (Miguel Albaladejo, 2006) El idioma imposible (Rodrigo Rodero, 2010) Barcelona 92 (Ferran Ureña, 2013) Criando Ratas (Carlos Salgado, 2016) Las leyes de la frontera (Daniel Monzón, 2021)
Referencias ao mundo quinqui Na serie de televisión sobre avogados Turno de oficio (1986) houbo algún capítulo sobre o tema quinqui. O documental Del tirón al galope xira arredor do cine quinqui e a realidade socioeconómica da Transición e os anos 80.
Actores do cine quinqui miniatura|Sonia Martínez José Luís Fernández Eguia, "El Pirri" (1965-1988), actor, presentador de televisión, delincuente e quinqui. Faleceu por sobredose. Ángel Fernández Franco, "El Torete" (1960-1991), actor, delincuente e quinqui. Faleceu vítima da sida. José Luis Manzano (1962-1992), actor, delincuente e quinqui. Faleceu por sobredose. José Antonio Valdelomar, "El Mini" (1958-1992), actor, delincuente e quinqui. Faleceu por sobredose. Eulalia Espinet Borràs, "Laly Espinet" (1960-1994), actriz e condenada por tráfico de estupefacientes. Faleceu vítima da sida e dunha meningoencefalite aguda. Ao principio da súa carreira no cine de destape (cine S) tivo o nome artístico de "Andrea Albani". Sonia Martínez (1963-1994), actriz e presentadora de televisión. Faleceu vítima da sida. Antonio Flores (1961-1995), actor, compositor e cantante. Faleceu por sobredose dúas semanas despois da morte da súa nai, Lola Flores. Enrique San Francisco (1955-2021), actor e humorista. Faleceu dunha pneumonía bilateral.
Cantantes relacionados co cine quinqui
Juan Antonio Jiménez Muñoz, "Jeros" ou "Jero" (1951-1995), compositor e cantante de Los Chichos. Suicidouse ao tirarse do balcón da súa casa de Madrid. Edelina Muñoz Barrull, "Tina Muñoz" (1957-1995), cantante de Las Grecas. Sufriu esquizofrenia paranoide complicada con toxicomanía, pasou pola prisión de mulleres de Yeserías e varias clínicas psiquiátricas e chegou a vivir na rúa. Faleceu vítima da sida nun centro de acollida de Aranjuez.
Libros sobre cine quinqui
Quinquis dels 80: cinema, premsa i carrer (Amanda Cuesta e Mery Cuesta). CCCB - Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (2009). Quinquis, maderos y picoletos (Juan A. Ríos Carratalá). Ed. Renacimiento (2014). Fuera de la ley (Roberto Robles Valencia e outros). Ed. Constelaciones (2015). Goma-2: El cine explosivo de José Antonio de la Loma (Javier Ikaz). Ed. Applehead (2017). Lejos de aquí (Eduardo Fuembuena). Uno Editorial (2017). Cine quinqui: retrato de una sociedad a través de la música (Poochyeeh). Ed. Inflamavle (2020). The Spanish quinqui film: Delinquency, sound, sensation (Tom Whittaker). Manchester University Press (2020). Lejos de aquí, La verdadera historia de Eloy de la Iglesia y Jose Manzano (Eduardo Fuembuena). Autoedición (2021).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Moinantes
Ligazóns externas Películas do xénero quinqui mellor valoradas en FilmAffinity. Antoloxía do Cine Quinqui Español Coloquio sobre a delincuencia xuvenil, no programa de La 2 (TVE) Historia de nuestro cine, presentado por Elena Sánchez Sánchez; emitido o 26 de nov. de 2016.
Categoría:Xéneros cinematográficos