Clodoveo II, nado en 635 e finado en 657, foi rei dos francos. Tamén foi rei de Neustria e de Borgoña desde o 638 ao 657 e tamén de Austrasia desde o 656 ao 657; era fillo de Dagoberto I e de Nantilde.

Durante a súa minoría de idade foi o seu rexente Erquinoaldo, mordomo de palacio de Neustria.

Casado, en 648, con Santa Batilde (falecida en 680, no mosteiro de Chelles), foron pais de Clotario III, rei de Neustria (Soissons) e Borgoña, Teodorico III, rei de Neustria e Borgoña, e de Khilderico II, rei de Austrasia.

Categoría:Nados en 634 Categoría:Finados en 657 Categoría:Merovinxios