Ana María Rodríguez-Arroyo Mariscal, nada en Madrid o 31 de xullo de 1921 e finada na mesma cidade o 28 de marzo de 1995, foi unha actriz, directora e produtora española. A crítica considerouna unha das mellores directoras de cinema europeo do século XX.
Traxectoria miniatura|235x235px|Mariscal en 1952 Debutou no cinema por casualidad: sendo estudante de Ciencias Exactas acompañou o seu irmán, o actor Luis Arroyo, ás probas para a rodaxe da produción hispano-italiana El último húsar (1940), de Luis Marquina; o director fixouse nela e decidiu darlle o segundo papel feminino do filme.Borau 1984, p. 544. Un anos despois protagonizou Raza, de José Luis Sáenz de Heredia, xunto a Alfredo Mayo, e converteuse nunha das grandes estrelas do cinema español do momento. Iniciou así unha traxectoria chea de grandes éxitos na pantalla grande que se prolongou durante máis dunha década. Rodou durante ese tempo entre outras Vidas cruzadas (Luis Marquina, 1942), Mañana como hoy (Mariano Pombo, 1947), La princesa de los Ursinos (Luis Lucia, 1947), El tambor del Bruch (Ignacio F. Iquino, 1948), Pacto de silencio (Antonio Román, 1949) ou Un hombre va por el camino (Manuel Mur Oti, 1949). Durante a rodaxe desta última coñeceu a Valentín Javier García Fernández, con quen contraeu matrimonio en 1954.«La actriz Ana Mariscal se ha casado», en hemeroteca.abc.es.(16/05/1954).
Compaxinou a súa presenza na gran pantalla con destacadas interpretacións sobre os escenarios, onde debutara ao inicio da década no Teatro María Guerrero, da man de Luis Escobar. En 1945, Mariscal representou en Valladolid Don Juan Tenorio de José Zorrilla. Polas noites interpretaba a Dona Inés, mais polas tardes atreveuse co papel de Don Juan, o que foi cualificado por algúns como «irreverente», e chegando a realizarse un xuízo literario contra ela, con acusador, defensor e tribunal. Foi absolta da súa «ousadía».«El día que Don Juan fue ella», en www.elnortedecastilla.es. 2 de xaneiro de 2018.
Ao iniciarse a década dos cincuenta comezou a espazar as súas aparicións como actriz e creou a produtora Bosco Films. Pouco despois comezou a producir, dirixir e escribir os guións dos seus propios filmes: Segundo López, aventurero urbano (1953), Misa en Compostela (1954) e Con la vida hicieron fuego (1959). Foi en 1963, con El camino, cando logrou o recoñecemento da crítica ao seu labor detrás da cámara.
Ademais dos seus propios filmes rodou outros ás ordes de diferentes directores, se ben de xeito moito máis esporádico. Apareceu en títulos de enorme repercusión comercial no seu momento, como Jeromín (Luis Lucia, 1953), Un día perdido (José María Forqué, 1954) e Morena Clara (Luis Lucia, 1954).
Trala súa voda en 1954, a parella marchou á Arxentina, onde permaneceron dous anos. Alí, Mariscal traballou nalgúns filmes como En carne viva, Bacará, de Kurt Land; Enigma de mujer, de Enrique Cahen Salaberry; Los maridos de mamá, de Edgardo Togni. Tamén apareceu na televisión e interpretou no teatro obras de Federico García Lorca.
De volta a España, traballou en filmes da súa propia produtora, ademais de aceptar papeis en obras doutros directores: La violetera (1958), de Luis César Amadori ou La reina del Chantecler (1958). Deu tamén clases de interpretación no IIEC (Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas) entre 1957 e 1960.«Ana Mariscal: una mujer marcada» en cvc.cervantes.es.
Nos seus últimos anos viviu voluntariamente afastada do mundo do espectáculo e dedicouse por completo á literatura.Mariscal 1984 En xaneiro de 1995 foille concedida a Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes. Anuncio oficial en www.boe.es.
Faleceu o 28 de marzo de 1995 aos 71 anos nun hospital de Madrid a causa dun cancro. Foi enterrada ao día seguinte no Cemiterio da Almudena.«Fallece la actriz y directora de cine Ana Mariscal», en elpais.com.
Filmografía Ano Título Acreditada como Dirección Notas Intérprete Directora Produtora 1940Amore di ussaro Luis MarquinaCoproducción hispano-italiana 1940La florista de la reina Eusebio Fernández ArdavínAdaptación da obra de teatro homónima 1942Raza José Luis Sáenz de Heredia 1942¡Qué contenta estoy! Julio de Fleischner 1942Siempre mujeres Carlos Arévalo 1942Vidas cruzadas Luis Marquina 1943Cuarenta y ocho horas José María Castellví 1944Cabeza de hierro Ignacio F. Iquino 1945Una sombra en la ventana Ignacio F. Iquino Premio CEC á mellor actriz 1945¡Culpable! Ignacio F. Iquino 1945Viento de siglos Enrique Gómez 1945El obstáculo Ignacio F. Iquino 1947DulcineaLuis Arroyo 1947Noche sin cielo Ignacio F. Iquino 1947La princesa de los Ursinos Luis Lucia 1948El tambor del Bruch Ignacio F. Iquino 1948Mañana como hoy Mariano Pombo 1948La próxima vez que vivamosEnrique Gómez 1948La vida encadenada Antonio Román 1949Aquellas palabrasLuis Arroyo 1949Pacto de silencio Antonio Román 1949Doce horas de vida Francisco Rovira Beleta 1949Un hombre va por el camino Manuel Mur Oti Premio CEC á mellor actriz 1950De mujer a mujerLuis Lucia Premio CEC á mellor actriz 1950La fuente enterrada Antonio Román 1951El gran galeotoRafael GilBaseado na obra homónima de José Echegaray 1953Segundo López, aventurero urbano Ana Mariscal Coguionista 1953JeromínLuis Lucia Baseado na novela homónima de Luis Coloma 1953VértigoEusebio Fernández Ardavín 1954Misa en Compostela Ana Mariscal Documental. Locución: Ana Mariscal 1954Morena Clara Luis Lucia 1955En carne viva Enrique Cahen Salaberry 1955Un día perdidoJosé María Forqué 1955Bacará Kurt Land 1956De noche también se duerme Enrique Carreras 1956Los maridos de mamáEdgardo Togni 1956Enigma de mujer Enrique Cahen Salaberry 1958La violeteraLuis César Amadori 1958Hay que bañar al nene Edgardo Togni 1958Patio andaluzJorge Griñán 1958Carlota Enrique Cahen SalaberryBaseado na obra homónima de Miguel Mihura 1959Juego de niños Enrique Cahen SalaberryBaseado na obra homónima de Víctor Ruiz Iriarte 1959Con la vida hicieron fuego Ana Mariscal Diálogos 1959Il magistratoLuigi ZampaCoprodución hispano-italiana 1960La quiniela Ana Mariscal 1961Hola, muchacho Ana Mariscal 1962Feria en Sevilla Ana Mariscal 1962La reina del Chantecler Rafael Gil 1962Occidente y sabotaje Ana Mariscal Coguionista 1963El camino Ana Mariscal 1964L'autre femme François Villiers Coprodución hispano-francesa 1966Los duendes de Andalucía Ana Mariscal Coguionista 1966Vestida de novia Ana Mariscal Coguionista 1968El paseíllo Ana Mariscal Coguionista 1987El polizón del Ulises Javier Aguirre Baseado no relato infantil homónimo de Ana María Matute
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ana Mariscal en La noche del cine español. Minutos 15 a 97
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Directores de cinema de España Categoría:Guionistas de España Categoría:Produtores de cinema de España