Dorothy Hill, nada en Brisbane o 10 de setembro de 1907 e finada o 23 de abril de 1997, foi unha xeóloga, zoóloga, paleontóloga australiana. Foi a primeira muller profesora nunha universidade australiana, e a única muller presidenta da Academia Australiana de Ciencias, ata que Suzanne Cory ocupou dito cargo entre 2010 e 2014.

Traxectoria Dorothy Hill non puido entrar na facultade de medicina na Universidade de Queensland como ela quería pero, grazas a unha bolsa, estudou química e continuou, por consello do seu profesor Henry Caselli Richards (1884-1947), en xeoloxía. Licenciouse en 1928 e recibiu un primeiro premio académico e a medalla de ouro da universidade ao mérito destacado. Obtén unha bolsa para estudar no Sedgwick Museum of Earth Sciences de Cambridge .

Dorothy Hill obtivo o seu doutoramento en Cambridge en 1932 sobre os corais da Escocia Carbonífera. Estivo en Inglaterra durante sete anos, editando varios artigos importantes sobre os Rugosa. De volta en Australia, estudou as capas estratigráficas e os corais do sur de Australia. O seu traballo sobre corais paleozoicos considérase un estándar.

Durante a segunda guerra mundial, Hill alistouse no Women's Royal Australian Naval Service.

En 1956, converteuse en membro da Academia Australiana de Ciencias, vicepresidenta en 1969 e a primeira presidenta desde 1970, despois da morte de David Forbes Martyn (1906-1970).

Hill publicou máis de 100 artigos de investigación en revistas e libros australianos e internacionais. En 1978, Hill completou a Bibliografía e Índice completos de Coral Paleozoico Australiano.

Foi condecorada Compañeira da Orde de Australia e Comandante da Orde do Imperio Británico, foi Fellow da Royal Society e recibiu a Medalla Clarke en 1966.

Deuselle o seu nome á Acanthastrea hillae, a Australomya hillae,​ a Filiconcha hillae​ e a Reticulofenestra hillae.​

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Rosa María Mateos, Ana Ruiz Constán (2021). Geas: Mujeres que Estudian la Tierra. Asociación de Servicios de Geología y Minería Iberoamericanos, Federación Europea de Geólogos, 2021. ISBN: 978-84-09-30001-3

Ligazóns externas Dorothy Hill na páxina web Mujeres y Geología Dorothy Hill, “un chicazo y un ratón de biblioteca” no blog Mujeres con ciencia.

Categoría:Nados en Brisbane Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Científicos de Australia Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge