A Cámara de Comercio Internacional (, ICC; francés: Chambre de commerce internationale) é a maior e máis representativa organización empresarial do mundo. Os seus máis de 45 millóns de membros en máis de 100 países teñen intereses que abarcan todos os sectores da empresa privada.
O actual presidente da ICC é Ajay Banga e John W.H. Denton AO é o actual secretario xeral.
ICC ten tres actividades principais: fixación de normas, resolución de conflitos e promoción de políticas. Como as súas asociacións e empresas membro están relacionadas cos negocios internacionais ICC é unha autoridade en facer regras que rexen os negocios transfronteirizos. A pesar de que estas regras son voluntarias, son utilizadas en milleiros de transaccións cada día e deviñeron parte do comercio internacional.
Unha rede mundial de comités nacionais en máis de 100 países defende as prioridades das empresas a nivel nacional e rexional. Máis de 3 000 expertos procedentes das empresas membro da ICC achegan o seu coñecemento e experiencia para elaborar a postura da ICC en temas específicos de negocios.
ICC apoia o traballo das Nacións Unidas, a Organización Mundial do Comercio e moitos outros corpos intergubernamentais, tanto internacionais como rexionais, como o G20, en defensa dos negocios internacionais. ICC foi a primeira organización con estado consultivo xeral do Consello Económico e Social das Nacións Unidas e de Observadora da ONU.
Historia A Cámara de Comercio Internacional foi fundada en 1919 para apoiar o comercio mundial promovendo o negocio e o investimento, os mercados abertos de bens e servizos, e a libre circulación de capital. O secretariado internacional da organización foi estabelecido en París e o Tribunal Internacional de Arbitraxe da ICC foi creado en 1923.
O primeiro presidente da ICC foi o político francés Etienne Clémentel. miniatura|O primeiro presidente da Cámara de Comercio Internacional, Étienne Clémentel
Afiliación Hai dous xeitos para ingresar na ICC:
Mediante a afiliación a un grupo ou comité nacional da ICC. Mediante afiliación directa co Secretariado Internacional da ICC cando un grupo ou comité nacional aínda non se estableceu no territorio ou país.
Órganos de goberno
Consello Mundial O máximo órgano de goberno da ICC é o Consello Mundial, formado por representantes de comités nacionais. O Consello Mundial elixe os directivos máis altos da ICC, incluíndo o presidente e o vicepresidente, con mandatos de dous anos cada un. O presidente, o vicepresidente e o presidente de honra (o último expresidente) proporcionan á organización liderado de alto nivel.
Consello Executivo A dirección estratéxica da ICC é proporcionada polo seu consello executivo, formado por até 30 dirixentes empresariais e membros ex-officio. É elixido polo Consello Mundial por recomendación do presidente. Reúnese tres veces ao ano e supervisa o establecemento das prioridades estratéxicas da ICC e a implantación das súas políticas.
Secretariado Internacional O Secretariado Internacional da ICC, con sede en París, é o órgano operativo da ICC. Desenvolve e leva a cabo o programa de traballo da ICC, achegando visións empresariais en organizacións intergubernamentais para asuntos que directamente afectan operacións empresariais. O Secretariado Internacional está encabezado polo Secretario Xeral, quen é nomeado polo Consello Mundial.
Comités Nacionais En 92 países do mundo, os membros estableceron estruturas formais da ICC chamadas comités nacionais. En países onde non hai comité nacional, empresas e organizacións como cámaras de comercio e asociacións profesionais poden devir membros directos.
Comité de Finanzas O Comité de Finanzas asesora ao Consello executivo en todos os asuntos financeiros. En nome do Consello Executivo prepara o orzamento e informa ao Consello de forma regular. Revisa as implicacións financeiras das actividades da ICC e supervisa o fluxo de ingresos e gastos da organización.
Servizos de resolución de conflitos O servizo de resolución de conflitos xestionado pola ICC axuda a solucionar dificultades en comercio internacional. A arbitraxe da ICC é un procedemento privado que leva a unha resolución vinculante e executable.
O Tribunal Internacional de Arbitraxe da Cámara de Comercio Internacional dirixe a arbitraxe da ICC e recibiu máis de 24 000 casos dende a súa posta en marcha en 1923.ICC Booklet "Rules of Arbitration and Rules for a Pre-Arbitral Referee Procedure", P. 7, Francia 2005 Durante a pasada década a carga de traballo do tribunal aumentou considerabelmente.
A afiliación do tribunal tamén medrou e cobre 85 países e territorios. Con representantes en Norte América, América Latina e Central, África, Oriente Próximo e Asia, o Tribunal da ICC aumentou significativamente as súas actividades de formación en todos os continentes e en todas as linguas importantes utilizadas en comercio internacional.
Os servizos de resolución de conflitos da ICC teñen varias modalidades:
A arbitraxe é unha procedemento flexíbel e eficiente de resolución de conflitos que leva a resolucións vinculantes debido á súa executabilidade en todo o mundo. A mediación é unha técnica flexíbel, realizada en privado e de forma confidencial, na cal un facilitador neutral axuda ás partes para buscar unha solución negociada á súa disputa. Os "dispute boards" son corpos independentes deseñados para axudar a resolver os desacordos que xorden durante a vida dun contrato. A pericia é un xeito de atopar á persoa correcta para realizar unha valoración independente en calquera tema relevante para as operacións empresariais. DOCDEX proporciona decisións expertas para resolver conflitos relacionados con créditos documentais, cobros e garantías a primeiro requirimento, incorporando normativa bancaria da ICC.
Os procedementos de arbitraxe rápida aplícanse directamente ás disputas valoradas en dous millóns de dólares ou menos, se o acordo de arbitraxe tivo lugar após o 1 de marzo de 2017, a non ser que as partes especificamente rexeitaran este procedemento no seu acordo.
Política e prácticas empresariais As políticas, normas e estándares da ICC son preparados por corpos de traballo especializados. O procedemento normal require primeiro de declaracións de políticas adoptadas por unha comisión, en consulta con comités nacionais, e logo aprobado polo Consello Executivo, antes de que poidan ser considerados posturas oficiais e públicas da ICC.
As comisións examinan asuntos de política importantes de interese para o comercio mundial. Cada comité nacional (NC) ou grupo pode nomear delegados para representalo en reunións. Os asesores son nomeados polo Presidente e Secretario Xeral en contacto cos NC. As reunións de comisións normalmente teñen lugar dúas veces ao ano.
Os grupos de traballo fórmanse dentro das comisións durante un período limitado para acometer proxectos específicos e informar á comisión. Algúns grupos de traballo poden incluír membros de máis dunha comisión.
Código de publicidade e comunicación de márketing En setembro de 2011, a Cámara de Comercio Internacional presentou o Código de publicidade e comunicación de márketing da ICC, completamente revisado e consolidado, xunto cun sitio web específico (www.codescentre.com) para guiar aos profesionais da publicidade e o márkentin de todo o mundo. Este Código establece directrices e estándares éticos para os negocios que utilizan a tecnoloxía actual que cambia continuamente, ferramentas e técnicas para vender produtos e servizos. Desenvolvido por expertos de todos os sectores da industria e de todas as rexións do mundo, o propósito do código é protexer os consumidores fixando directrices para un márketing responsábel.
O código está estruturado en dúas seccións principais: Disposicións xerais e Capítulos. A sección de Disposicións xerais contén principios fundamentais e outros conceptos amplos que se aplican ao márketing en todos os medios. Os Capítulos do Código son detallados e aplícanse a áreas específicas do márketing, incluíndo: promoción comercial, patrocinio, márketing directo, medios dixitais e declaracións de índole ambiental en márketing comercial.
Federación Mundial de Cámaras de Comercio En 1951, a ICC estabeleceu a Federación Mundial de Cámaras de Comercio (WCF, polas súas siglas en inglés), anteriormente Oficina Internacional de Cámaras de Comercio. WCF é un foro global único que une unha rede mundial de máis de 12 000 cámaras de comercio e industria. Ten como obxectivo facilitar o intercambio de boas prácticas e o desenvolvemento de novos produtos globais e de servizos para as cámaras de comercio; e fomentar as colaboracións internacionais entre cámaras de comercio e outras partes interesadas para axudar aos negocios locais a medrar. WCF é unha organización non gobernamental e apolítica cuxa afiliación comprende cámaras de comercio locais, rexionais, nacionais, bilaterais e transnacionais, así como cámaras de dereito público e privado.
A WCF foi creada pola ICC e as súas cámaras de comercio membros seguindo unha resolución na clausura do Congreso Mundial de Cámaras de Comercio (Roma, 1950). Na sesión inaugural do Comité celebrada en París en decembro de 1950, a WCF foi primeiro bautizada como Oficina Internacional de Información de Cámaras de Comercio. Co crecemento e aumento das súas funcións durante a década de 1960 o seu nome mudou para devir a Oficina Internacional de Cámaras de Comercio, para en xuño de 2001 devir finalmente en Federación Mundial de Cámaras de Comercio.
Cunha historia que se estende durante 400 anos, a día de hoxe existen cámaras de comercio en case cada país e comunidade empresarial ao redor do mundo. As Cámaras de Comercio e Industria poden ser definidas como:
organizacións multi-sectoriais que aceptan membros sen restricións por sector non perseguen obxectivos políticos (p.ex., non participan en eleccións ou nomean candidatos para postos políticos) actúan como voz para a comunidade empresarial (p.ex., defenden ás empresas e promoven lexislación que é vantaxosa para os negocios) facilitan a función das cámaras de comercio como axencias de apoio ás empresas locais xestionan a cadea de garantía internacional de ATA Carnets, o documento aduaneiro que permite a exención de dereitos de aduana e a importación temporal libre de impostos de bens melloran a capacidade das cámaras de comercio de emitir certificados de orixe, incluído a administración dunha cadea de certificados de orixe internacionais Rede Mundial de Cámaras de Comercio – plataforma web con servizos que inclúen un directorio global de cámaras de comercio, oportunidades de negocio, servizo de promoción e o programa de acreditación de negocios ChamberTrust servizos de desenvolvemento das cámaras de comercio para profesionais e institucións
A WCF tamén organiza o Congreso Mundial de Cámaras de Comercio cada dous anos nunha rexión diferente do mundo. O Congreso é o único foro internacional para que dirixentes de cámaras de comercio e profesionais compartan boas prácticas, intercambien ideas, desenvolvan redes, aborden os últimos asuntos empresariais que afectan ás súas comunidades e coñezan novas áreas de innovación grazas a cámaras de comercio de todo o mundo.
Durante o Congreso, a WCF tamén anuncia os gañadores da Competición Mundial de Cámaras de Comercio , o único programa de premios mundiais que recoñecen os proxectos máis innovadores acometidos por cámaras de comercio e industria de todo o mundo.
Formación e eventos Organizados en todo o mundo, os eventos da ICC van dende grandes conferencias temáticas a sesións de formación para pequenos grupos. Estes pequenos cursos comparten a experiencia en arbitraxe comercial e os mecanismos de resolución de conflitos da ICC, así como as súas ferramentas comerciais que inclúen os Incoterms, as Regras e Usos uniformes relativos aos Créditos Documentarios (UCP, polas súas siglas en inglés) e os contratos internacionais.