miniatura|San Lourenzo do Escorial Juan de Herrera, nado en Mobellán (Cantabria) en 1530 e finado en Madrid en 1593) foi un arquitecto español, considerado o creador do estilo arquitectónico, sobrio e severo, máis característico do Renacemento en España, denominado estilo herreriano.

Juan de Herrera recórdase sobre todo pola súa participación no mosteiro do Escorial, aínda que tamén é o responsable da catedral de Valladolid. Comezou a traballar no Escorial en 1563 baixo a dirección de Juan Bautista e desde 1572 foi el quen dirixiu os labores ata que se concluíu definitivamente en 1584. Formalmente acentuou o seu manierismo ó elevar a fachada principal e construír unha portada sen fondo, xa que tras ela non está o templo, senón un patio que dá á igrexa.

O estilo herreriano

Coñécese como herreriano o estilo arquitectónico desenvolvido por Herrera no último terzo do século XVI así como o dos arquitectos que o sucederon en España nas primeiras décadas do século XVII, nun progresivo achegamento ao barroco. En Galicia atópanse exemplos de arquitectura herreriana como o Mosteiro de Santa María de Montederramo e o Colexio da Nosa Señora da Antiga en Monforte de Lemos.

Categoría:Arquitectos do Renacemento Categoría:Arquitectos de España do século XVI Categoría:Nados en 1530 Categoría:Finados en 1593