Matisse Vincent Thybulle, nado o 4 de marzo de 1997 en Scottsdale, Arizona, é un xogador de baloncesto profesional australiano-estadounidense que xoga nos Portland Trail Blazers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional O 20 de xuño de 2019, Thybulle foi escollido na 20ª posición do Draft da NBA de 2019 polos Boston Celtics, pero foi traspasado ós Philadelphia 76ers a cambio das eleccións 24ª e 33ª do Draft. O 3 de xullo de 2019, Thybulle asinou o seu contrato de rookie cos Sixers. O 23 de outubro de 2019, Thybulle debutou na NBA, saíndo dende o banco na vitoria dos Sixers por 107–93 contra os Boston Celtics. O 29 de outubro de 2021, os Sixers exerceron a opción sobre o contrato de Thybulle para ampliar a súa duración ata a tempada 2022-23.

O 9 de febreiro de 2023, os Sixers trasparon a Thybulle ós Portland Trail Blazers nun traspaso entre catro equipos no que tamén participaron Charlotte Hornets e os New York Knicks. Debutou cos Trail Blazers o 13 de febreiro de 2023, facendo 14 puntos e 6 rebotes na vitoria por 127–115 contra os Los Angeles Lakers.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Scottsdale Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto de Australia Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers