Co nome de Batallón Louise Michel (tamén denominado Batallón Seis de Febreiro) coñecéronse dúas unidades de franceses e belgas que participaron nas Brigadas Internacionais durante a Guerra Civil Española. O seu nome era unha homenaxe a Louise Michel, unha heroína da Comuna de París en 1871.

O primeiro batallón estaba formado por un pequeno número de voluntarios que estiveran operando desde Barcelona dende outono de 1936. Logo se integraron noutras unidades da XI e XIII Brigada.

O segundo formouse en Albacete, nos centros de recrutamento e partida das Brigadas Internacionais, en outubro de 1936. Formou parte da XIII Brigada. En xaneiro de 1937 fusionouse co Batallón Henri Vuillemin.

Véxase tamén

Bibliografía Hugh Thomas, La guerra civil española. Antony Beevor, The Battle for Spain, 2006. (en catalán) Associació Catalana de Vexil.lologia. Les Brigades Internacionals

Categoría:Brigadas Internacionais