Patrice Leconte, nado en París o 12 de novembro de 1947, é un director de cinema, guionista e actor francés.

Traxectoria Leconte naceu en París, mais criouse en Tours, onde desde os catorce anos realizou pequenos filmes como afeccionado. Volveu a París en 1967 para estudar cinema no IDHEC (Institut des Hautes Études Cinématographiques) sen rematar a carreira. A finais da década de 1960, escribiu críticas na revista cinematográfica Cahiers du cinéma e de 1970 a 1974 traballou como debuxante na revista Pilote, mentres realizaba algunhas curtametraxes e numerosos anuncios publicitarios para televisión.

Dirixiu a súa primeira longametraxe en 1975, Les vécés étaient fermés de l'intérieur, unha adaptación dunha banda deseñada de Gotlib que a pesar de contar con protagonistas tan recoñecidos como Jean Rochefort e Coluche supuxo un rotundo fracaso. Dedicou os tres anos seguintes á banda deseñada e á publicidade ata o seu encontro cos actores da compañía do café-teatro Splendid, dos que adaptou ao cinema a obra Amour, coquillages et crustacés baixo o título Les bronzés (1978), filme protagonizado por algúns dos actores da compañía (Michel Blanc, Christian Clavier, Josiane Balasko, Thierry Lhermitte, Gérard Jugnot). O filme foi un enorme éxito comercial e propulsou a fama deses actores que ata entón se movían no teatro alternativo. Porén, este éxito e o da súa secuela o ano seguinte, Les bronzés font du ski, cuñaron a Leconte como un realizador popular de comedias de éxito, un selo do que tardou en liberarse.

As comedias seguintes gozaron de éxito comercial, mais a crítica permaneceu relativamente fría ata a estrea de Les Spécialistes (1985), que foi un fito tanto comercial como de crítica. O seu seguinte filme, Tandem (1986), confirmou a Leconte como un realizador maduro e recoñecido pola crítica, cun rexistro máis amplo.

A súa primeira chegada ao público internacional foi en 1989 co filme Monsieur Hire, que se exhibiu no Festival de Cannes e que continuou con certa ruptura cos seus primeiros traballos. Continuou con Le mari de la coiffeuse (1990) que o situou definitivamente entre os directores internacionais máis prestixiosos.Ryan Mottesheard: Arms Wide Open: Patrice Leconte Talks About "Intimate Strangers in IndieWIRE, 30 de xullo de 2004 Aínda que xa nesa época dirixira máis de media ducia a crítica estranxeira, que descoñecía a súa traxectoria, tratouno como acabado de chegar. Desde entón alternou filmes como Ridicule ou L'Homme du train, de grande éxito internacional e un amplo orzamento, con filme máis independentes como Les Grands Ducs ou Voir la mer, cunha distribución limitada só a Francia. En 2012, volveu ao mundo da banda deseñada para dirixir un filme de animación, Le Magasin des suicides, cun guión escrito adaptando a novela homónima do escritor francés Jean Teulé.

Traballou esporadicamente como actor e foi guionista de varios dos seus filmes.

Filmografía Ano Título Notas 1969 L'Espace vital Curtametraxe 1971 Le Laboratoire de l'angoisse Curtametraxe 1973 La Famille heureuse (Famille Gazul) Curtametraxe 1976 Les vécés étaient fermés de l'intérieur 1978 Les Bronzés 1979 Les Bronzés font du ski 1981 Viens chez moi, j'habite chez une copine 1982 Ma femme s'appelle reviens 1983 Circulez y'a rien à voir 1985 Les Spécialistes 1987 Tandem 1988 Sueurs froides Serie de televisión (1 episodio) 1989 Monsieur Hire 1990 Le Mari de la coiffeuse 1991 Contre l'oubli Segmento "Pour Alexandre Goldovitch, URSS" 1992 Le batteur du Boléro Curtametraxe1993 Tango The King of Ads DocumentalSegmento "Pilote commercial" 1994 Le Parfum d'Yvonne 1995 Lumière et Compagnie DocumentalSegmento "La Ciotat 1996"1996 Les Grands Ducs Ridicule 1998 Une chance sur deux 1999 La Fille sur le pont 2000 La Veuve de Saint-Pierre 2001 Félix et Lola2002 Rue des Plaisirs L'Homme du train 2004 Confidences trop intimes Dogora: Ouvrons les yeux Documental2006 Les Bronzés 3 Mon meilleur ami2007 Trac Curtametraxe Dix films pour en parler Curtametraxe 2008 La Guerre des miss 2011 Voir la mer 2012 Le Magasin des suicides Filme de animación 2013 Une promesse 2014 Une heure de tranquillité 2019Salauds de pauvresFilme de episodios 2022Maigret

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Patrice Leconte en Allmovie Biografía Entrevista con Patrice Leconte

Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1947 Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Guionistas de Francia