O Parque Nacional Sangay é un parque nacional localizado nas provincias de Morona Santiago, Chimborazo, Tungurahua, Cañar e Azuay, en Ecuador. O parque contén dous volcáns activos (Tungurahua e Sangay), e un volcán extinto, El Altar (Kapak Urku). A altitude do parque varía dende os 900 até os 5319 metros por riba do nivel do mar, e contén unha ampla variedade de hábitats, incluíndo glaciares, paisaxes volcánicas, selvas tropicais, bosques nublados, zonas pantanosas, pasteiros, e unha das rexións máis grandes de páramos en Ecuador. Contén 327 lagos que se alimentan du sistema de zonas pantanosas de 31,5 quilómetros cadrados.
Debido á súa complexa xeoloxía e ecoloxía, así como pola súa biodiversidade, o parque foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 1983. En 1992, foi engadido á Lista do Patrimonio Mundial en Perigo por mor da caza furtiva, a gandaría extensiva, a construción de estradas non planificadas e a invasión do perímetro do parque. Foi eliminado da lista de Patrimonio en Perigo no ano 2005.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Patrimonio da Humanidade en Ecuador Ligazóns externas Ficha do Parque Nacional Sangay na web da UNESCO
Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1979 Categoría:Patrimonio da Humanidade en Ecuador