Adolfo "Fito" Cabrales Mato, nado en Bilbao (Biscaia) o 6 de outubro de 1966, é un músico español. Durante a súa carreira musical foi cantante, guitarrista e compositor do grupo Platero y Tú e da súa actual banda, Fito & Fitipaldis. Chegou a vender máis de 2,6 millóns de discos ao longo da súa carreira, 1,6 millóns só con Fito & Fitipaldis.
Traxectoria Adolfo Cabrales, coñecido como «Fito», naceu na rúa bilbaína de Zabala, aínda que pasou parte da súa infancia e adolescencia en Laredo, Cantabria e en Málaga.Suplemento Evasión de El Correo Cultura de Bar. Conversaciones con Fito Cabrales. Darío Vico. Ed. Zona de Obras. ISBN 84-8048-634-1 Na súa mocidade traballou de camareiro nun prostíbulo do que o seu pai era xefe, na rúa de Las Cortes (máis coñecida como La Palanca).Entrevista en 20 minutos Na versión en directo do tema Un ABC sin letras, do disco A pelo de Platero y Tú, Fito comenta que «curraba en La Palanca y ahora soplo en Barrenkale [unha das Sete Rúas da Zona vella bilbaína]». Estas non son as súas únicas referencias a esta zona da capital biscaíña. No disco Muy deficiente, tamén de Platero y Tú, hai unha canción ambientada na ponte de Cantalojas, próxima a dita zona, na que alude a unha «chica de Las Cortes» (é dicir, unha prostituta).
Nesta época comezaron tamén os seus problemas coas drogas. Durante anos abusou do speed, aínda que na actualidade asegura «estar limpo». Varias cancións súas falan desta droga. En Corazón oxidado, de Fito & Fitipaldis, di «mi pobre corazón, que está enganchado al speed». Con todo, na versión do disco en directo de 2004, Vivo... para contarlo, deixa a frase a medias e afástase do micro.
Fito destaca polo seu peculiar estilo persoal. Leva sempre o pelo totalmente rapado e ás veces patillas longas, e viste gorras con viseira. Outro dos seus trazos de identidade son os cigarros que leva suxeitos nas caravillas da súa guitarra. Nos primeiros anos con Platero y Tú adoitaba regalar a gorra despois de cada concerto, mais abandonou esta práctica.
Na actualidade reside na localidade biscaíña de Gernika-Lumo. Ten tres fillos: Guillermo (nado en 1997), Diego (nado en 2002) e Marisa (nada en 2015).
Platero y Tú En 1989 Fito uniuse a Iñaki «Uoho» Antón, Juantxu «Mongol» Olano e Jesús «Maguila» García, orixinarios do mesmo barrio, para formar o grupo de rock Platero y Tú. Entrevista en el diario Egin O grupo desmarcábase do rock radical vasco, daquela moi en auxe. Por contra, seguiu as influencias do rock máis clásico de grupos como Status Quo, Leño, AC/DC ou The Rolling Stones, con letras sobre bares, amores, drogas e rock and roll.
Ao longo dos 90, o grupo consolidouse no rock en castelán. Mantivo unha estreita relación con outros grupos e artistas do xénero, como La Polla Records (Evaristo Páramos colabora no tema Juliette), Rosendo Mercado (quen colabora en Sin solución) e sobre todo con Robe Iniesta, voz e guitarra de Extremoduro. Con este último grupo mesmo fai unha xira conxunta en 1996. Na súa traxectoria conseguiron tres discos de ouro e un disco de platino en España, até separárense en 2001.
Fito & Fitipaldis En 1998 creou de forma paralela a Platero y Tú o grupo Fito & Fitipaldis. No seu primeiro traballo, A puerta cerrada, publica unha serie de temas acústicos que non se axustaban ao estilo musical de Platero y Tú. En principio, ambos grupos coexistiron sen problemas. Porén, tras a disolución de Platero y Tú en 2001, Fito dedicouse en exclusiva ao seu novo grupo.
Co segundo álbum, Los sueños locos e as posteriores gravacións, foi desenvolvendo o seu estilo persoal. Ao mesmo tempo, iniciou un achegamento ao son da última época de Platero y Tú. Así, volveu introducir guitarras eléctricas e ritmos máis rápidos e directos. Nesta etapa, Fito conseguiu maiores éxitos de vendas que con Platero y Tú, o cal lle valeu críticas dos sectores máis conservadores do rock de España.
En 2001 participou xunto a Uoho e a Robe no proxecto deste último, Extrechinato y Tú, para publicar Poesía Básica, un álbum en que musicaron obras do poeta Manolo Chinato. Fito gravou as voces xunto a Robe e as guitarras xunto a Robe e Uoho. O disco recollía tamén tres composicións propias, «Si el cielo esta gris», «Rojitas las orejas» e «Abrazado a la tristeza». Estes dous últimos temas foran gravados anteriormente por Fito & Fitipaldis, «Rojitas las orejas» en A puerta cerrada (tres anos antes de Poesía básica e cun título distinto) e posteriormente «Abrazado a la tristeza», en Por la boca vive el pez.
No verán de 2007, Fito & Fitipaldis realizaron unha xira conxunta con Andrés Calamaro por España e Latinoamérica, gravada no DVD Dos son multitud.
En maio de 2008 saíu á venda un libro autobiográfico, «Soy todo lo que me pasa». Xabier Arretxe Irigorien, "Polako", representante do grupo, redactou o prólogo de dito libro.
O 15 de setembro de 2009 publicouse un novo disco, Antes de que cuente diez, cunha xira por todo o territorio español.
A finais de outubro de 2014 publicouse Huyendo conmigo de mí, con «Entre la espada y la pared» como primeiro sinxelo. O 15 de novembro comezou en Santander a xira de presentación,Rockbase, Fito & Fitipaldis, de nuevo a la carretera que incluíu concertos en Chile, o Uruguai e a Arxentina, e rematou o 24 de outubro no Bilbao Exhibition Centre de Barakaldo.
Discografía Son evidentes as diferenzas de estilo entre o rock de Platero y Tú e a mestura de rock, blues, jazz, rockabilly e outros estilos musicais de Fito & Fitipaldis. Con todo, a temática das cancións de Fito é sempre a mesma. Trata historias persoais ambientadas no mundo da noite con presenza constante de bares, drogas e amores, cun ton característicamente cínico e vitalista á vez.
Con Platero y Tú Voy a acabar borracho (1991), Wellcome. Reeditado por DRO en 1996. Burrock'n roll (1992), DRO. Muy deficiente (1992), DRO. Vamos tirando (1993), DRO. Hay poco rock & roll (1994), DRO A pelo (en directo, 1996), DRO 7 (1997), DRO Correos (2000), DRO Hay mucho rock'n roll Volumen I (2002) e Volumen II (2005), DRO
Con Extrechinato y Tú
Poesía Básica (2001), DRO
Con Fito & Fitipaldis A puerta cerrada (1998), DRO Los sueños locos (2001), DRO Lo más lejos a tu lado (2003), DRO Vivo... para contarlo (en directo, 2004), DRO Por la boca vive el pez (2006), DRO Dos son multitud (en directo con Andrés Calamaro, 2008), DRO Antes de que cuente diez (2009), DRO En directo desde el Teatro Arriaga (2014), DRO Huyendo conmigo de mí (2014), DRO Fitografia (2017), DRO Cada vez cadáver (2021), DRO
Colaboracións Tributo a Tequila Y yo qué sé (con Extremoduro y Barry Sage) (Mucho Tequila: Un homenaje a Tequila/1996) Los piratas del Nervión "De nuevo en tus brazos (con Robe Iniesta y Francis Doctor Deseo) The Flying Rebollos "Mis amigos (con Robe Iniesta) (Esto huele a pasta/1997), "Modesta" (Verano de perros/1993) Extremoduro Golfa (Canciones prohibidas/1998) y "La vereda de la puerta de atrás" (Yo, minoría absoluta, 2002) Gatibu Urepel (Zoramena/2002) Marea Pan duro (Besos de perro/2002) La Fuga Sueños de papel (Calles de papel/2003) Tributo a Barricada Callejón sin salida (con Robe Iniesta) (Un camino de piedras: un tributo a Barricada/2003) Afónicos perdidos En primera plana "Littel Joe" (Sin dar marcha atrás/2004) Tributo a Radio Futura La negra flor (Arde la calle - Tributo a Radio Futura/2004) Loquillo y Trogloditas Luché contra la ley (Hermanos de sangre/2006) Ariel Rot Baile de ilusiones (Dúos, tríos y otras perversiones/2007) Sicario Filo de navajas (con Rayka) (La ley de Ohm/2007) Candy Caramelo Tipo normal (Por amar no hay que pagar/2008) Hash Buscas algo (Have a sweet hell/2008) Despistaos Es importante (Lo que hemos vivido/2008) Macaco Puerto presente (El vecindario/2010) A Media Tea Dame Más (con Iñaki Uoho) (Con Uñas y Dientes/2011) Obús Dinero, Dinero (De Madrid Al Infierno/2012) Rodrigo Mercado Astro Rey (con Rosendo Mercado) (Puntualmente demora/2013) Rosana Mi trozo de cielo (Ocho lunas/2013) M-Clan Carolina (Dos noches en el Price 2014) Leiva Sixteen (Con Carlos Tarque) (2015, Sencillo) Tequila Me Vuelvo Loco y Nena (Adiós, Tequila! En Vivo/2019) Tributo a Joaquín Sabina Ruido (con Coque Malla) (Tributo a Sabina. Ni tan joven ni tan viejo/2019) Celtas Cortos 20 de Abril (Versión 2019)
Proxectos musicais
Platero y Tú Fito & Fitipaldis Extrechinato y Tú
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial Platero y Tú Web oficial Fito & Fitipaldis Entrevista
Categoría:Cantantes do País Vasco Categoría:Compositores do País Vasco Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Nados en 1966