Si le vent tombe (en ) é un filme dramático de 2020 dirixido por Nora Martirosyan e protagonizado por Grégoire Colin e Hayk Bakhryan. O filme foi producido polas compañías Sister Productions de Francia, Kwassa Films de Bélxica e Aneva de Armenia. O filme foi escollido para competir na 73ª edición do Festival de Cannes. O filme estreouse no Festival de Cinema de Angoulême de 2020. O filme proxectouse como parte de Industry Selects no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2020. Tamén foi proxectado como parte da competición en Tokyo Filmex de 2020. Foi escollido como candidato de Armenia para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Un auditor está encargado de avaliar se o aeroporto de Stepanakert, na pequena República de Artsakh, no Cáucaso, cumpre os estándares internacionais de aviación. Alí conecta cun mozo local para axudar o territorio illado a abrirse ao mundo exterior.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Armenia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua armenia Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes de Armenia Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes de Francia