Un monde é un filme belga de 2021 dirixido por Laura Wandel. En xuño de 2021, o filme foi escollido para competir na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2021. En Cannes, gañou o Premio FIPRESCI. Un monde recibiu o premio André Cavens ao mellor filme pola Asociación Belga de Críticos de Cinema. Foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de decembro.

Sinopse Unha nena de sete anos é testemuña de que como o seu irmán máis vello é acosado. Aínda que xura que manterá o segredo, cóntallo ao seu pai e axiña tamén ela é vítima do acoso.

Personaxes Maya Vanderbeque como Nora Günter Duret como Abel Karim Leklou como Finnigan Laura Verlinden como Agnes Lena Girard Voss como Clémence Thao Maerten como David

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Bélxica propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Bélxica