As acuagliceroporinas son un subconxunto de proteínas dentro da familia das acuaporinas, que serven como canles para conducir auga, glicerol e outros pequenos solutos non cargados. Son as únicas proteínas de mamíferos que poden permear o glicerol a través da membrana plasmática. As acuagliceroporinas encóntranse en moitas especies de bacterias, plantas e mamíferos como os humanos. Como son omnipresentes son moi importantes na agricultura e medicina. Foron identifiacadas como posible fonte de contaminación por metaloides en agricultura, xa que poden conducir As(III) e Sb(III) en lévedos e poderían ser unha fonte de metaloides que entrasen nos alimentos que toman os seres humanos.

Importancia clínica

A acuaporina 7 foi estudada no tecido adiposo porque é a maior fonte de glicerol circulante no metabolismo de mamíferos. A desregulación da acuaporina 7 foi asociada coa obesidade en humanos e coa regulación do metabolismo de adipocitos.

A acuaporina 9 é unha importante canle de glicerol en eritrocitos de ratos que contribúe aos estadios intraeritrocitarios da infección polo parasito da malaria e a disfunción desta proteína incrementa a supervivencia en estudos clínicos en ratos.

Notas

Categoría:Familias de proteínas Categoría:Proteínas de membrana