Flee é un filme de animación de 2021 dirixido por Jonas Poher Rasmussen. É unha coprodución internacional entre Dinamarca, os Estados Unidos de América, o Reino Unido, Suecia, Noruega e Francia. Conta a historia dun home chamado Amin Nawabi, que comparte por primeira vez o seu pasado oculto, no cal tivo que fuxir do seu país. Riz Ahmed e Nikolaj Coster-Waldau son os produtores executivos.
É considerado un dos máis aclamados e galardoados filmes documentais de animación dende Vals Im Bashir (2008). Foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 94ª edición dos premios, sendo nomeado xunto a outros catro filmes. Ademais, foi nomeado ó Óscar ó mellor documental e ó Óscar ó mellor filme de animación. Nos Premios Óscar, converteuse no primeiro filme de animación e documental para adultos en ser nomeado máis de dúas veces, no primeiro filme de animación en ser nomeado na categoría de documental e o primeiro en ser nomeado na categoría internacional dende Vals Im Bashir de 2008.
Sinopse O filme conta a historia de Amin Nawabi, quen, a piques de casar co seu marido, conta por primeira vez a súa historia sobre o seu pasado oculto, cando fuxiu do seu país natal (Afganistán) cara a Dinamarca como refuxiado.
Personaxes Amin Nawabi como el mesmo Daniel Karimyar como Amin de mozo Fardin Mijdzadeh como Amin de adolescente
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua dinamarquesa Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes de Noruega Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Participant Media Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19 Categoría:Filmes ambientados en Estonia