Lloyd Vernet Bridges Jr., nado en San Leandro, California, o 15 de xaneiro de 1913 e finado nos Ánxeles o 10 de marzo de 1998, foi un actor estadounidense.
Traxectoria Bridges era fillo de Lloyd Vernet Bridges Sr. (1887–1962), que estaba metido en negocios hoteleiros en California e foi dono dun teatro, e a súa esposa Harriet Evelyn (Brown) Bridges (1893–1950). Os seus pais eran orixinarios de Kansas. Bridges graduose da Petaluma High School en 1930. Pasou entón a estudar ciencias políticas en UCLA, onde foi membro da fraternidade Sigma Alpha Epsilon.
Bridges tivo pequenos papeis sen acreditar nos filmes Freshman Love (1936) e Dancing Feet (1936). Debutou en Broadway en 1937 nunha pequena produción de Otelo protagonizada por Walter Huston e Brian Aherne. Tamén apareceu no teatro en Suzanna and the Elders (1940).
En 1940 entrou na Columbia Pictures por 75 dólares á semana, e alí tivo pequenos papeis en filmes e curtametraxes. Abandonou Columbia durante a segunda guerra mundial para alistarse no corpo de gardacostas.
O primeiro papel protagonista de Bridges foi no serial Secret Agent X-9 (1945) para Universal. O estudio mantívoo para Strange Confession (1945), un Inner Sanctum Mystery. Tivo ademais papeis secundarios en filmes independentes como A Walk in the Sun (1945) e Abilene Town (1946) e en Miss Susie Slagle's (1946) de Paramount.
Bridges estivo brevemente na lista negra na década de 1950 tras admitir no House Un-American Activities Committee que fora membro do Actors' Laboratory Theatre, un grupo que tiña relacións co Partido Comunista. Volveu á interpretación tras renunciar como membro e colaborar como testemuña, obtendo un grande éxito na televisión.
Posteriormente protagonizou unha serie antolóxica co seu nome para CBS, The Lloyd Bridges Show (1962–1963, producida por Aaron Spelling) que incluíu aparicións dos seus fillos Beau e Jeff.
O 10 de marzo de 1998, Bridges faleceu por causas naturais aos 85 anos.
Vida persoal miniatura|Bridges e o seu fillo Beau na 44.ª edición dos premios Emmy, 30 de agosto de 1992 Bridges coñeceu a súa esposa, Dorothy Bridges (de solteira Simpson), na súa fraternidade. Casaron en 1938 en Nova York. Tiveron catro fillos: os actores Beau Bridges (nado en 1941) e Jeff Bridges (nado en 1949); unha filla, Lucinda Louise Bridges (nada en outubro de 1953);Superior Pics: Beau Bridges Profile Consultado o 28-05-2012 e outro fillo, Garrett Myles Bridges, que faleceu de síndrome de morte súbita infantil o 3 de agosto de 1948. O actor Jordan Bridges é fillo de Beau e neto de Lloyd.
Filmografía
Freshman Love (1936) como College Boy (sen acreditar) Dancing Feet (1936) como Young Man (sen acreditar) Lost Horizon (1937) como Uniformed Soldier / Officer (sen acreditar) The Lone Wolf Takes a Chance (1941) como Johnny Baker They Dare Not Love (1941) como Blonde Officer (sen acreditar) The Medico of Painted Springs (1941) como Cowhand (sen acreditar) The Son of Davy Crockett (1941) como Sammy (sen acreditar) I Was a Prisoner on Devil's Island (1941) como Rene (sen acreditar) Our Wife (1941) como Taxi Driver (sen acreditar) Here Comes Mr. Jordan (1941) como Sloan – Co-pilot of Plane #22 (sen acreditar) Harmon of Michigan (1941) como Ozzie Two Latins from Manhattan (1941) como Tommy Curtis You Belong to Me (1941) como Ski Patrol (sen acreditar) Three Girls About Town (1941) como Reporter (sen acreditar) The Royal Mounted Patrol (1941) como Hap Andrews Sing for Your Supper (1941) como Doc (sen acreditar) Honolulu Lu (1941) como Desk Clerk (sen acreditar) Harvard, Here I Come! (1941) como Liarry (sen acreditar) West of Tombstone (1942) como Martin (sen acreditar) Blondie Goes to College (1942) como Ben Dixon Cadets on Parade (1942) como Reporter (sen acreditar) Shut My Big Mouth (1942) como Skinny Canal Zone (1942) como Recruit Baldwin Alias Boston Blackie (1942) como Bus Driver (sen acreditar) Tramp, Tramp, Tramp (1942) como Guard (sen acreditar) North of the Rockies (1942) como Constable McDowell The Wife Takes a Flyer (1942) como German Sergeant (sen acreditar) Sweetheart of the Fleet (1942) como Sailor Submarine Raider (1942) como Submarine Engine Seaman (voz, sen acreditar) Riders of the Northland (1942) como Alex Flight Lieutenant (1942) como Cadet William 'Bill' Robinson (sen acreditar) Atlantic Convoy (1942) como Bert The Talk of the Town (1942) como Donald Forrester (sen acreditar) Counter-Espionage (1942) como Waiter (sen acreditar) A Man's World (1942) como Brown Daring Young Man (1942) como Hans Muller The Spirit of Stanford (1942) como Don Farrell (sen acreditar) Stand By All Networks (1942) como Slim Terry (sen acreditar) Pardon My Gun (1942) como Henchman (sen acreditar) Underground Agent (1942) como Chemist (sen acreditar) They Stooge to Conga (1943) como telephone customer (sen acreditar) Commandos Strike at Dawn (1943) como Young German Soldier (sen acreditar) City Without Men (1943) como Coast Guard Helmsman (sen acreditar) One Dangerous Night (1943) como Airline Gate Attendant (sen acreditar) Destroyer (1943) como 2nd Fireman (sen acreditar) Passport to Suez (1943) como Fritz Sahara (1943) como Fred Clarkson Hail to the Rangers (1943) como Dave Kerlin The Heat's On (1943) como Andy Walker There's Something About a Soldier (1943) (sen acreditar) Crime Doctor's Strangest Case (1943) como Jimmy Trotter Once Upon a Time (1944) como Aviator Captain (sen acreditar) Riding West (1944) como Larry (sen acreditar) She's a Soldier Too (1944) como Charles Jones Louisiana Hayride (1944) como Montague Price The Master Race (1944) como Frank Saddle Leather Law (1944) como Paul Edwards Secret Agent X-9 (1945) como Phil Corrigan Strange Confession (1945) como Dave A Walk in the Sun (1945) como Sgt. Ward Abilene Town (1946) como Henry Dreiser Miss Susie Slagle's (1946) como Silas Holmes Terra xenerosa (1946) como Johnny Steele Thunderbolt! (1947) como Pilot (voz) Ramrod (1947) como Red Cates The Trouble with Women (1947) como Avery Wilson Unconquered (1947) como Lt. Hutchins Secret Service Investigator (1948) como Steve Mallory / Dan Redfern 16 Fathoms Deep (1948) como Ray Douglas Moonrise (1948) como Jerry Sykes Hideout (1949) como George Browning Red Canyon (1949) como Virgil Cordt Home of the Brave (1949) como Finch Calamity Jane and Sam Bass (1949) como Joel Collins Trapped (1949) como Tris Stewart Rocketship X-M (1950) como Col. Floyd Graham Colt .45 (1950) como Paul Donovan The White Tower (1950) como Mr. Hein The Sound of Fury (1950) como Jerry Slocum Little Big Horn (1951) como Capt. Phillip Donlin Three Steps North (1951) como Frank Keeler The Whistle at Eaton Falls (1951) como Brad Adams Só ante o perigo (1952) como Deputy Marshal Harvey Pell Plymouth Adventure (1952) como Coppin Last of the Comanches (1953) como Jim Starbuck The Tall Texan (1953) como Ben Trask The Kid from Left Field (1953) como Pete Haines City of Bad Men (1953) como Gar Stanton The Limping Man (1953) como Frank Prior Pride of the Blue Grass (1954) como Jim Third Party Risk (1954) como Philip Graham Wichita (1955) como Gyp Clements Apache Woman (1955) como Rex Moffett Wetbacks (1956) como Jim Benson The Rainmaker (1956) como Noah Curry Ride Out for Revenge (1957) como Capt. George The Goddess (1958) como Dutch Seymour A Pair of Boots (1962) como Otis / Adam Shepherd / Sen. Guthrie / Jonathan Tatum / varias personaxes Around the World Under the Sea (1966) como Dr. Doug Standish Daring Game (1968) como Vic Powers Attack on the Iron Coast (1968) como Major Jamie Wilson The Happy Ending (1969) como Sam Lost Flight (1969) como Captain Steve Bannerman The Love War (1970, telefilme) como Kyle The Deadly Dream (1971, telefilme) como Dr. Jim Hanley Scuba (1972, documental, narrador) To Find a Man (1972) como Frank McCarthy Haunts of the Very Rich (1972) como Dave Woodrough Running Wild (1973) como Jeff Methune Death Race (1973) como Hans Pimler The Fifth Musketeer (1979) como Aramis Bear Island (1979) como Smithy Airplane! (1980) como Steve McCroskey Airplane II: The Sequel (1982) como Steve McCroskey Weekend Warriors (1986) como Col. Archer The Thanksgiving Promise (1986) como Stewart Larson The Wild Pair (1987) como Col. Heser Tucker: The Man and His Dream (1988) como Sen. Homer Ferguson (sen acreditar) Winter People (1989) como William Wright Cousins (1989) como Vince Joe Versus the Volcano (1990) como Graynamore Hot Shots! (1991) como Adm. Thomas 'Tug' Benson Honey, I Blew Up the Kid (1992) como Clifford Sterling Earth and the American Dream (1992, documental, narrador) Mr. Bluesman (1993) como Bronski Hot Shots! II (1993) como Tug Benson Blown Away (1994) como Max O'Bannon Peter and the Wolf (1995) como Grandfather Jane Austen's Mafia! (1998) como Vincenzo Cortino Meeting Daddy (2000) como Mr. Branson (filmado en 1997; estreado postumamente) From Russia to Hollywood: The 100-Year Odyssey of Chekhov and Shdanoff (2002) como el mesmo (escenas filmadas na década de 1990)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Mask and Flippers (1960) (non ficción) por Lloyd Bridges e Bill Barada, 196 pp. Chilton Company Ligazóns externas March–April 2004 – United World, "publication of the Coalition for a Democratic World Government, News and Views" Sea Hunt Trivia Guide, Lloyd Bridges from The Scuba Guy 1935 Yearbook Photo
Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Alumnos da Universidade de California, Os Ánxeles Categoría:Lista negra de Hollywood Categoría:Nados en San Leandro