miniatura|Instituto Roger Tory Peterson

Roger Tory Peterson, nado en Jamestown (Nova York) o 28 de agosto de 1908 e finado en Old Lyme (Connecticut) o 28 de xullo de 1996, foi un naturalista, ornitólogo, pintor e educador que foi un dos inspiradores do movemento ecoloxista do século XX. Traxectoria

En 1934 publicou a súa obra seminal Guide to the birds, a primeira guía de campo moderna. Este libro tivo cinco edicións. Peterson editou ou escribiu moitos dos volumes da serie Peterson Field Guide sobre diversos temas, desde xeoloxía até escaravellos e réptiles. É famoso polas ilustracións das súas guías de campo e o claro resalte das marcas relevantes para a correcta identificación no campo. Tamén desenvolveu o chamado Peterson Identification System.

Peterson recibiu numerosos premios americanos polas súas contribucións en ciencia natural, ornitoloxía e conservación así como numerosas distincións, medallas honoríficas incluíndo a Medalla Presidencial da Liberdade dos Estados Unidos. Coescribiu Wild America xunto con James Fisher. Morreu en 1996 na súa casa de Old Lyme.

Algunhas publicacións

Peterson, Roger, Guy Mountfort, P.A.D. Hollom 1954. A Field Guide to the Birds of Britain and Europe, Collins 1965 ed.: revisada e ampliada en colaboración con I.J. Ferguson-Les e D.I.M. Wallace 1971 impresión: ISBN 0 00 212020 8 2004 ed.: ISBN 978-0007192342 Peterson, R.T.; E. Chaliff. 1973. A Field Guide to Mexican Birds, Houghton Mifflin Co., Boston, Massachusetts.

Outras contribucións

Eric Hosking's Birds - Fifty Years of Photographing Wildlife Eric Hosking con Kevin MacDonnell, Pelham Books (1979) ISBN 0 7207 1163 0 (Foreword; acreditado como "Tory Peterson") 

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Roger Tory Peterson Institute, web oficial Peterson Field Guides Roger Tory Peterson Birding Festival

Categoría:Ilustradores dos Estados Unidos de América Categoría:Entomólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Ecoloxistas dos Estados Unidos de América Categoría:Biólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Art Students League of New York Categoría:Nados en 1908 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Finados en 1996