Gennaro "Rino" Ivan Gattuso, nado en Corigliano Calabro (Cosenza) o 9 de xaneiro de 1978, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol italiano. Xogou de centrocampista defensivo e foi internacional coa selección italiana.

Clubs Gattuso comezou a súa carreira na escuadra italiana do Perugia, pero foi transferido en 1997 ao Glasgow Rangers F.C. cando tan tó contaba con 19 anos. Da súa etapa en Escocia destaca a grande influencia que tivo un dos adestradores do equipo, Walter Smith, ao que se refire coma 'un segundo pai'.

O sucesor de Smith, Dick Advocaat, non contaba moito con el así que foi transferido á Salernitana en outubro de 1998 por 3 millóns de Libras.

O A.C. Milan pagou 8 millóns de libras en 1999 polo seu traspaso. O seu estilo de xogo permitía liberar o mediocampista Andrea Pirlo de bastantes tarefas defensivas e dedicarse a participar na creación do xogo. Gattuso, que ás veces xogaba de interior dereito, non facía o típico traballo de subi-la banda e centrar cara a área rival, senón que se deixaba caer ó medio para participar nos traballos de defensa.

Xogou o seu encontro 300 co Milan o 26 de setembro de 2006 nun empate a 0 contra o Lille, na Liga de Campións.

A Selección Gattuso foi unha peza clave no mediocampo da selección italiana xunto con Andrea Pirlo compañeiro seu tamén no A.C. Milan.

Participou en dous mundiais, no 2002 e no Mundial de Fútbol Alemaña 2006, onde fixo unha grandísima actuación, e contribuíu de xeito decisivo á vitoria italiana no torneo.

Véxase tamén Ligazóns externas Gattuso's profile and stats - FootballDatabase.com (en inglés) Eccezzziunale... veramente 2 - The Internet Movie Database (en inglés)

Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados na provincia de Cosenza Categoría:Futbolistas olímpicos de Italia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do AC Perugia Categoría:Xogadores do Rangers FC Categoría:Xogadores do AC Milan Categoría:Xogadores do FC Sion Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Italia Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Adestradores de fútbol de Italia Categoría:Adestradores do US Palermo Categoría:Adestradores do AC Milan Categoría:Adestradores do SSC Napoli Categoría:Adestradores do Valencia CF Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial