Roser Capdevila i Valls, nada en Horta, Barcelona o 23 de xaneiro de 1939, é unha ilustradora catalá, coñecida por ser a creadora das Tres xemelgas.
Traxectoria Interesada no debuxo dende nova, ingresou na Escola Massana de Belas Artes de Barcelona. No ano 1999, foi galardoada co Premio Nacional de Cinema e de Audiovisual, concretamente no apartado de Audiovisual, e no 2004 coa Creu de Sant Jordi, ámbolos dous concedidos pola Generalitat de Cataluña.
En 2011, doou o seu legado, composto por máis de 3.000 debuxos, litografías, gravados e contos, á Biblioteca de Cataluña.Roser Capdevila prepara la donació del seu llegat a la Biblioteca de Catalunya
Obra artística Colaboradora durante a década de 1970 da edición francesa da revista infantil Cuca Fera, no ano 1979 foi finalista do Premio Apel·les Mestres de literatura infantil e xuvenil ilustrada polo seu conto La cosidora.
Na década de 1980 comezou a ilustrar libros de texto para nenos cos seus debuxos, caracterizados por un estilo sinxelo, mais cunha caricatura fresca e dinámica.
No ano 1983, inspirándose nas súas tres fillas Teresa, Anna e Helena, creou as personaxes de As tres xemelgas, a serie de libros que foron traducidos a 35 linguas e cuxo éxito motivou a creación dunha serie de televisión que se emitiu en 158 países.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Fons Roser Capdevila de la Biblioteca de Catalunya
Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Premio Creu de Sant Jordi Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes