Amada foi unha antiga cidade de Exipto, situada na marxe oeste do río Nilo, na Baixa Nubia. O lugar anegouse polas augas do Lago Nasser cando construíuse o Encoro de Asuán. Neste enclave houbo un templo que reinstalouse uns 2,5 km máis ao norte, para salvalo das augas. O templo de Derr e a tumba de Penut, gobernador de Uauat na época de Ramsés VI (século XII a.C.), tamén tiveron que trasladarse ao mesmo lugar. Forma parte do Patrimonio Mundial desde 1979 baixo o nome de Monumentos de Nubia, desde Abu Simbel ata File.
O templo O Templo de Amada é o templo exipcio máis antigo de Nubia. A construción comezou na época do faraón da XVIII dinastía Tutmosis III, e estivo dedicado a Amón e Ra-Horajti.Oakes 2003, p. 204 O seu fillo e sucesor, Amenofis II continuou o programa de decoración do edificio. O sucesor de Amenofis II, Tutmosis IV, decidiu cubrir a zona de entrada e transformala nunha sala hipóstila (con columnas).Oakes 2003, p. 204 Durante o período de Amarna, Akenatón ordenara borrar o nome de Amón de todo o templo, pero posteriormente restaurouse por Seti I da XIX dinastía de Exipto.Oakes 2003, p. 205 Varios reis da XIX dinastía, en particular Seti I e Ramsés II, tamén "realizaron pequenas restauracións e engadiron decoración ao templo".Baines & Málek 1982, p.182 Estelas dos vicerreis de Cuxe, Setau, Heqanakht e Messuy, e do visir Bay describen as súas actividades de construción baixo Ramsés II, Merenptah e Siptah respectivamente.
Dentro do templo thumb|Interior do Templo de Amada. O plan de construción orixinal incluía un pilono, unha entrada e un pórtico que conducía a un santuario.Oakes, op.cit., p.204 Porén, cando Tutmosis IV cubriu a entrada, os piares, e as paredes "estaban decoradas con escenas de ofrendas, incluíndo Tutmosis IV, á esquerda", e Tutmosis III e Amenofis II, á dereita, algúns dos baixorrelevos máis finos, con cores brillantes e vibrantes.
Os mellores baixorrelevos atópanse na parte máis interna do templo onde se mostra a Tutmosis III e Amenofis II abrazando ou facendo ofrendas a varios deuses exipcios. No lado esquerdo do vestíbulo móstrase a Amenofis II coroado por Horus e Tot e correndo cun remo e un hap (instrumento de navegación). A capela a un lado do santuario contén algunhas escenas interesantes sobre a fundación e consagración do templo que representa o ritual de "estirar a corda", a cerimonia de facer e colocar bloques e a ofrenda do templo aos seus deuses.
Inscricións thumb|Tutmosis III ante os deuses Amón e Ra-Horajti, no templo de Amada. No templo de Amada hai dúas inscricións históricas importantes. A máis antiga, datada do ano 3 do reinado de Amenofis II, "atópase nunha estela redondeada na parte superior e situada na parede traseira do santuario (ao leste).Baines & Málek, op. cit., p.182 O texto describe unha desapiadada campaña militar do faraón en Asia:
Amenofis II segue describindo como colgou a seis dos xefes mortos "nos muros de Tebas" mentres que ao sétimo colgouno nos muros de Napata (unha cidade fronteiriza de Nubia preto da cuarta catarata do Nilo). Isto fíxose como unha clara advertencia aos nubios, expostos ás perigosas consecuencias dunha rebelión durante o reinado de Amenhotep. O segundo texto histórico, "nunha estela gravada na xamba esquerda (norte) da porta da entrada", menciona o rexeitamento á invasión de Libia no 4º ano de Merenptah.
O templo describiuse por viaxeiros antigos, aínda que a súa descrición publicouse por primeira vez por Henri GauthierDavid 1993, p.104 en 1913.Gauthier 1913
Entre 1964 e 1975, o templo trasladouse da súa localización a un novo lugar "uns 65 m. máis alto e 2,5 km. máis lonxe do seu sitio orixinal", para evitar ser asulagado polo Lago Nasser debido ao proxecto do encoro de Asuán. O Templo de Derr escavado na rocha tamén se trasladou ao novo sitio de Amada.Hobson 1993, p.177
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Abu Simbel
Ligazóns externas O templo de Amada, en institutoestudiosantiguoegipto O templo de Amada en Nubia, en touregypt
Categoría:Sitios arqueolóxicos de Exipto Categoría:Patrimonio da Humanidade en Exipto