María Teresa Ruiz González, nada en Santiago de Chile o 24 de setembro de 1946, é unha astrónoma chilena. Foi gañadora do Premio Nacional de Ciencias Exactas en 1997 e do Premio L'Oréal-UNESCO de Mulleres en Ciencia en 2017. Tamén foi a primeira presidenta da Academia Chilena de Ciencias.
Especializada no estudo das estrelas ananas de pouca masa, descubriu unha supernova no momento de estoupar, dúas nebulosas planetarias no halo da nosa galaxia e a anana "marrón" nas proximidades do sistema solar chamada Kelu ("vermello" en mapudungun).
Traxectoria En 1971 obtén a licenciatura en Astronomía pola Universidade de Chile . Máis tarde continuou os seus estudos na Universidade de Princeton, onde obtivo un doutoramento en astrofísica . Foi a primeira muller en obter ambos títulos nas respectivas universidades.
Investigadora asociada no Observatorio Astronómico de Trieste entre 1975 e 1976, tamén traballou como investigadora visitante tanto no Instituto de Astronomía da Universidade Nacional Autónoma de México como no Instituto de Estudos Espaciais, Administración Nacional de Aeronáutica e Espazo de Nova York (1978 -1979). Dende este último ano imparte clases no Departamento de Astronomía da súa alma mater, primeiro como profesora asociada (1979-1989) e máis tarde como profesora titular.
Foi beneficiaria da Bolsa Guggenheim no ano 2000 e obtivo importantes distincións como a Medalla Rectoral, o Premio Nacional de Ciencias Exactas en 1997 (primeira muller en gañalo) ou o premio Amanda Labarca. esquerda|miniatura|200x200px| Ruiz en 2015. Dirixe a Fundación para o Desenvolvemento da Astronomía en Chile e o Centro de Astrofísica e Tecnoloxías Relacionadas (CATA). A finais de 2015 converteuse na primeira muller en ser elixida para presidir a Academia de Ciencias de Chile.
En setembro de 2016, anunciouse que sería galardoada co Premio L'Oréal-UNESCO a Mulleres en Ciencia 2017 recoñecemento que recibiu en marzo dese ano nunha cerimonia en París, Francia. O xurado baseou a súa decisión no seu descubrimento da primeira anana marrón e no seu traballo fundamental para comprender as estrelas débiles, incluídas as estrelas nas etapas finais da súa evolución.
Obra Hijos de las estrellas( Edicións B, 1998; Debate, 2017) Desde Chile un cielo estrellado: lecturas para fascinarse con la astronomía (2013)
Recoñecementos dereita|miniatura|200x200px| Intervención artística para o Día da Muller 2019 en homenaxe á astrónoma María Teresa Ruiz.
Cátedra Presidencial de Ciencias (1996). Medalla Rectoral, Universidade de Chile (1996). Premio Nacional de Ciencias Exactas (1997). Medalla Rectoral, Universidade de Chile (1998). Membro numerario da Academia de Ciencias (desde 1998). Bolsa Guggenheim (2000). Premio ao Mérito Amanda Labarca (2000). BBC 100 mulleres (2017). Premio L'Oréal-UNESCO de Mulleres en Ciencia (2017). Lexión de Honra, grao de Chevalier (Cabaleiro) (2020)
Notas
Categoría:Nados en Santiago de Chile Categoría:Alumnos da Universidade de Princeton Categoría:Alumnos da Universidade de Chile Categoría:Científicos de Chile