Pavia é unha vila portuguesa do concello de Mora, na comarca do Alentejo, con 185,28 km² de superficie e uns 1000 habitantes, variando segundo o ano (932 segundo o censo de 2011). A súa densidade de poboación é de 5 hab/km².

O territorio de Pavia está poboado dende a prehistoria, como o demostran os numerosos monumentos megalíticos da zona, incluíndo a Anta de Pavia, representada no escudo da vila.

As orixes históricas da actual poboación, a máis antiga do concello de Mora, remóntanse a un grupo de inmigrantes italianos, asentados a mans de D. Afonso III ou D. Dinis, tendo este último outorgado a primeira carta en 1287.

Johan Fernandes de Ardeleiro, escudeiro galego e un dos derradeiros trobadores da lírica galego-portuguesa medieval, tivo posesións en Pavia e puido frecuentar a corte de Don Dinís ou a do conde de Barcelos.https://core.ac.uk/download/pdf/61911805.pdf P.9

O 16 de marzo de 1486 foi cedida por D. João II ao conde de Borba, con alcaldía e dereitos de herdanza. A aldea de Pavia pertenceu, por doazón, a varios nobres e á Coroa.

É vila e foi cabeceira comarcal entre 1287 e principios do século XIX .

Poboación Poboación da freguesía de Pavia Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - https://www.ine.pt/xportal/xmain?xpid=INE&xpgid=ine_publicacoes 1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011 1 187 1 401 1 577 1 623 1 954 2 043 2 458 2 752 2 854 2 738 1 963 1 666 1 424 1 166 932

Proceso de formación da vila Na formación de Pavia destacan dúas fases de crecemento diferenciadas.

O núcleo medieval, caracterizado pola súa estrutura urbana en retícula, desenvolveuse de forma autónoma e excéntrica en relación á aglomeración existente.

A posición de defensa amurallada, de difícil acceso polo norte, fai pensar na orixe feudal do futuro "burgo". O desenvolvemento urbano linear ao longo do camiño en cumeada e a produción en serie das edificacións reflicten un proceso de formación e crecemento propios da Baixa Idade Media.

A parcelación, aliñamentos e reprodución dun tipo de edificación en banda constitúen un proceso urbanístico que se traduce nunha exploración intensiva da parcelación urbana.

Pavia foi historicamente sede do concello. A reforma administrativa da vila tivo lugar o 6 de novembro de 1836, integrando en Pavia os extintos concellos de Águias, Cabeção e Mora. Esta situación mantívose até o 17 de abril de 1838, cando a sede do concello de Pavia foi trasladada a Mora.

miniatura|esquerda|140px|Igrexa Matriz de Pavia miniatura|esquerda|140px|Fachada da Casa-Museu de Manuel Ribeiro de Pavia A parroquia de Pavia está hoxe formada por dúas aldeas, Pavia e Malarranha, cunha poboación que rolda os 1600 habitantes, sendo unha vila típica do Alentexo, alonxada de Ribatexo, está rodeada de paisaxe até onde alcanza a vista e onde se aprecian pequenos puntos brancos, típicos outeiros do Alentexo espallados entre sobreiras e aciñeiras .

Un vello proloquio rexional di que non hai que estar "En Mora nin umha hora en Mora, en Cabeção nen un serão, e en Pavía nen un día".

Nesta vila viviron ilustres personaxes como o mencionado Johan Fernandes (trobador), Fernando Namora (médico e escritor) e Manuel Ribeiro, que posteriormente adoptou o nome da vila como Manuel Ribeiro de Pavia (pintor), quen deixou un museo moi visitado.

Patrimonio miniatura|300px|Anta de Pavia, transformada na Anta-Capela de São Dinis

Igrexa Matriz de São Paulo Antiga casa de Fernando Namora Igrexa da Misericordia Museo Hospitalario de Pavia Torre do Reloxo de Pavia Edificio do Consello Parroquial, antiga Alcaidaria e Paço do Concelho de Pavia Casa Museo Manuel Ribeiro de Pavia Antiga pousada dos Cabaleiros da Orde de Avis Anta de Pavia, transformada en Capela de São Dinis Igrexa de San Francisco Igrexa de Santo Antonio en Pavia Cromlech do Monte das Fontaínhas Velhas Patrimonio Arqueolóxico do Neolítico - vestixios dun castelo neolítico, dolmens e a aliñación da Têra

Notas

</div>

Véxase tamén

Ligazóns externas Pavia - Mora | Guia para visitar em 2022 - oGuia (guiadacidade.pt) Balcão virtual da Junta da Freguesia de Pavia. Páxina oficial Portal Institucional do Município de Mora (cm-mora.pt) - Descrición Historica Pavia, Concelho de Mora - Mapas, Tempo, Notícias, Hotéis, Fotos, Vídeos (mapav.com)

Categoría:Vilas de Portugal Categoría:Freguesías do distrito de Évora