A Anta de São Brissos, construída entre o IV e o III milenio a.C., está situada na parroquia de Santiago do Escoural, no concello de Montemor-o-Novo.

O dolmen está actualmente transformado nunha pequena capela, que data do século XVII, polo que tamén se coñece como Anta de Nossa Senhora do Livramento ou Anta-Capela de Nossa Senhora do Livramento.

A anta-capela incorpora tres dos piares orixinais, así como parte da cuberta orixinal da cámara. O oco que miraba ao leste estaba cuberto.

Está clasificado polo IGESPAR. É Monumento Nacional desde 1910.

Véxase tamén

Outros artigos Dolmen Megalitismo Anta de Pavia Évora

Ligazóns externas Anta de São Brissos no WikiMapia Anta de São Brissos na base de dados Ulysses da Direção-Geral do Património Cultural Anta de São Brissos no Megalithic Portal

Sao Brissos Categoría:Wikipedia:Páxinas con mapas Categoría:Wikipedia:Artigos con coordenadas en Wikidata Categoría:Distrito de Évora Categoría:Monumentos nacionais de Portugal Categoría:Capelas