Luis Jacobo Álvarez Rodríguez, máis coñecido como San Luis, nado en Vigo o 18 de febreiro de 1930 e finado ibídem o 15 de xuño de 1997, foi un pintor paisaxista urbano galego.
Traxectoria miniatura|Placa da Rúa Pintor San Luis. Foi fillo do farmacéutico Jacobo Álvarez Varela e de Luz Rodríguez Novoa. Tivo de profesor de debuxo a Maximiliano Vidales Espinosa. Estudou a carreira de Filosofía e exerceu a docencia. Dedicouse en exclusiva á pintura desde 1957. Fixo viaxes de estudos a Madrid, París e Roma. Pintou as prazas e rúas de Vigo. Foi retratista e costumista e amante do detalle. Tiña unha pincelada traballada e empregaba cores intensas.
Casou con María Victoria Ruiz de Ojeda e foron pais de tres fillos: José Ignacio, Luis Jacobo e María Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda.
Recoñecementos Unha rúa da súa cidade leva o nome de Pintor San Luis na súa memoria.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda (filla) Ligazóns externas Museo Virtual del Pintor San Luis páxina mantida polo fillo Luis Jacobo, en Internet Archive .
, Carlos (2/8/2009). "San Luis el pintor de La Movida"
Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos