7 Prisioneiros é un filme brasileiro de 2021 dirixido por Alexandre Moratto a partir dun guión de Moratto e Thayná Mantesso. O filme está protagonizado por Christian Malheiros e Rodrigo Santoro e estreouse na 78ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 6 de setembro de 2021. Estreouse en Netflix o 5 de novembro de 2021.
Sinopse Mateus, de 18 anos, abandona o campo na procura dunha oportunidade de traballo nun depósito de chatarra de São Paulo. Unha vez alí, Mateus e algúns outros rapaces son vítimas dun sistema de traballo análogo á escravitude moderna rexentado por Luca, o que obriga a Mateus a tomar a difícil decisión de traballar para o home que o escravizou ou arriscar o seu futuro e o da súa familia se non é cómplice.
Personaxes Christian Malheiros como Mateus Rodrigo Santoro como Luca Bruno Rocha Vitor Julian como Ezequiel Lucas Oranmian como Isaque Cecília Homem como Mello Dirce Thomaz
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes do Brasil Categoría:Filmes sobre a escravitude Categoría:Filmes sobre inmigración