A Copa Galicia de fútbol foi unha competición deportiva oficial organizada pola Federación Galega de Fútbol que enfrontaba os clubs de fútbol galegos. Foi xogada por primeira vez en 1936 e disputouse irregularmente ao longo do século XX con diferentes composicións, aínda que na maioría das edicións non participaron os equipos galegos que militaban nas divisións estatais máis altas (1ª e 2ª). En certas tempadas tamén se organizou a Copa Federación Galega de Fútbol.
Historia
O precedente: o Campionato de Galicia
A comezos do século XX o Campionato de Galicia era a competición de maior importancia en Galiza. Neste torneo, ademais de estar en xogo o propio título de campión galego, tamén se pelexaba pola clasificación para a Copa de España. En 1929 inaugurouse a Liga española, mais os equipos que xogaban en divisións estatais continuaron a xogar tamén nesta competición, que dende a tempada 1919/20 contaba con dúas divisións (Serie A e Serie B) e dende 1923 cunha terceira (Serie C), habendo ascensos e descensos entre cada categoría. Ese campionato tivo a súa derradeira edición en 1939/40.
Copa Galicia Na tempada 1935/36, disputouse o Campionato Mancomunado Galaico-Ástur, participando nel os equipos galegos do Celta, o Deportivo e mailo Unión Sporting. Tamén se disputou o Campionato de Galicia, sen a presenza dos tres equipos anteriores e situado xerarquicamente por debaixo do campionato interrexional, resultando gañador o Club Lemos. Nese contexto, a Federación Galega de Fútbol decide organizar, tamén nesa mesma tempada, un torneo máis, a Copa Galicia, na que toman parte tódolos equipos galegos de primeiro nivel, incluídos os tres do campionato interrexional. A final foi xogada polo Eiriña de Pontevedra e o Deportivo da Coruña. Gañaron os coruñeses 4–2 no partido de ida, pero o cadro pontevedrés remontou cun 4–0 no partido de volta, adxudicándose dese xeito o campionato. Na seguinte tempada, xa coa guerra civil iniciada, desaparece o campionato mancomunado e vólvese disputa-lo Campionato de Galicia con tódolos clubs galegos de maior nivel.
Coa volta do Campionato de Galicia no seu formato tradicional, a Copa Galicia non se volve disputar ata 1940, ano no que a FGF organiza con este nome un torneo de segunda categoría e reservas no que participan equipos da Serie B (que ao mesmo tempo tamén disputan dentro desta competición o Campionato de Galicia da súa clase), os equipos da Serie A que non participan na Liga —agás o Eiriña, que refusou participar— e os equipos de reserva do Deportivo, Celta e Racing de Ferrol, proclamándose campión o Compostela Sporting Club tras gaña-la final aos reservas do Celta. Ese mesmo ano, a Real Federación Española de Fútbol decide suprimir tódolos campionatos rexionais, incluído o Campionato de Galicia. Dende aquela, vanse organizar diversas edicións da Copa Galicia irregularmente ata os anos oitenta.
A FGF decide organizar unha nova edición da Copa Galicia en 1944, na que participan os equipos da Terceira División eliminados da competición oficial, na que se proclama campioa a Ximnástica Lucense. Dous anos despois, en 1946, convócase outra nova edición na que si participan os equipos das divisións superiores, resultando campión o Deportivo da Coruña, que xogou a final contra o Celta. Os dous derbis da final remataron con idéntico resultado, empate 1–1. Por causa disto, tivéronse que xogar outros dous partidos máis para saber cal sería o equipo campión. O primeiro deles foi gañado polo Deportivo cun contundente 4–0. No partido de volta o Celta gañou por 4–3, mais non foi suficiente para evita-la vitoria branquiazul no torneo.
En 1948, anúnciase unha nova edición, pero finalmente é suspendida porque varios equipos renuncian a xogala. Dous anos despois, en 1950, organízase outra nova edición do torneo. O Deportivo da Coruña decidiu inscribirse co nome do seu equipo filial, o Deportivo Xuvenil, aínda que realmente tamén participan xogadores do primeiro equipo —coma Tino, Franco ou Moll—. Clasifícanse para a final o Deportivo Xuvenil, gañador da zona norte, e mailo Celta de Vigo, gañador da zona sur. Tras diversas renuncias do Celta, a FGF proclama campión ao Deportivo Xuvenil tres anos despois.
Tamén en 1953, convócase unha nova edición da Copa Galicia, na que só participan o Pontevedra, o Marín, o Arousa e o Club Santiago—, xa que outros equipos non poden tomar parte dela —no caso do Deportivo e do Celta, por estaren a disputa-la promoción pola permanencia na Primeira División—. O torneo é xogado en formato de liga, resultando campión o Arousa.
A seguinte edición xógase en 1958, e nela participan equipos da Terceira División e da Serie A —fórmula que se manterá durante as seguintes tempadas, agás en 1965—, chegando á final o Gran Peña e o Lugo. No primeiro partido gañan os vigueses por 2–0, mais os lucenses dan remontado o resultado no partido de volta cun 4–2, facéndose preciso a disputa dun partido de desempate nun campo neutral. O lugar escollido foi o estadio do Couto, en Ourense, obtendo a vitoria o Gran Peña por 2–0. En 1959 proclámase campión o Coruxo, tras manter na súa casa a vantaxe que obtivera no primeiro encontro da final contra o Alondras. No ano 1961, gaña o Marín e o subcampión é o Foz. Ao ano seguinte, gaña a final o Couto ante o Turista nun partido de volta polémico, despois de empataren primeiro no encontro de ida en Vigo. Na edición de 1963, proclámase campión Bueu SD despois de remontar ao Fabril a diferenza que colleitaran os coruñeses no partido de ida. Na seguinte tempada, gañou o torneo o Club Lemos e rematou subcampión o Club Turista, tendo que xoga-la prórroga no partido de volta.
En 1965, non poden tomar parte da competición os equipos da Serie A porque aínda están a disputa-lo campionato de liga da súa categoría, polo que a FGF decide invitar no seu lugar os equipos que militan na Primeira e Segunda División. Chegan á final o Pontevedra e o Deportivo, gañando os herculinos 2–1 na ida e perdendo en Pasarón por un inapelable 5–0, nun partido de volta que fora adiado varias veces e finalmente se xogou en maio de 1966.
Na edición de 1966, proclámase campioa a Sociedade Deportiva Compostela fronte ao Coruxo, que gañara no partido de ida da final, pero non puido evita-la remontada compostelá no partido de volta. En 1967, repite título o Compostela, desta volta gañando a final fronte ao Rápido de Bouzas, empatando na ida en Bouzas e gañando no encontro de volta en Santiago. Na seguinte tempada, o Rápido acada novamente a final, onde se encontra co Calvo Sotelo —nome do Club Deportivo As Pontes naquela altura, debido ó patrocinio da empresa homónima—, proclamándose campión o equipo pontés. No torneo de 1969, o Bergantiños fíxose co campionato fronte ao Turista tras gañar fortemente no partido de ida da final e impedi-la remontada viguesa no encontro de volta.
En 1970 a competición non se chegou a disputar por non acadarse o número mínimo de participantes. Ao ano seguinte a competición foi substituída por trofeos provinciais.
En 1983, a FGF volve organiza-la Copa Galicia oficial cos equipos de Preferente —estrutura que manterá durante as seguintes edicións—, proclamandose campión o San Tirso tras gañar por 3-2 ao Sporting Sada na final disputada en Riazor. Na edición de 1984, recupérase a final a dobre partido, clasificándose gañador o Galicia de Mugardos tras vencer ao Sporting Sada por 1–0 na casa e empatar fóra 0–0. En 1985, proclámase campión o Bergantiños fronte ao Meirás CF de Ferrol. No torneo de 1986 resulta gañador da final o Puebla CF da Pobra do Caramiñal tras vencer ao CD Baio por 2–1 na ida e 0–2 na volta. En 1987, gaña a final o Racing Vilalbés fronte á SD Juvenil de Ponteareas, con resultados de 5–0 na ida en Vilalba e 2–0 na volta en Ponteareas. As dúas edicións seguintes gañounas o Tomiño. Na de 1988 o equipo tomiñés remonta a final vencendo 1–3 na casa da SD Juvenil de Ponteareas tras perde-lo partido de ida 2–3. Na tempada seguinte acada a vitoria fronte ao CD Baio, empatando 2–2 na ida da final e gañando 6–1 na volta.
Copa Federación Galega de Fútbol No ano 1947 organízase a Copa Federación Galega de Fútbol na que tan só participan catro equipos: o Pontevedra, o Deportivo, a Ximnástica e o Racing de Ferrol. O cambio de nome do torneo débese a que, pola falta de datas dispoñibles, é imposible que poidan disputa-la competición o resto dos equipos galegos. A competición xogouse en formato de liga e o gañador foi o Racing de Ferrol.
En 1953, a FGF anunciou outra nova Copa Federación cos equipos da Serie A. O grupo sur do campionato foi suspendido antes de principiar. O Betanzos —daquela chamado Brigantium— proclamouse campión, remantando subcampioa a SD Eumesa. Ao ano seguinte xógase outra nova edición na que volven particiar os equipos da Serie A, gañando a final o Racing Vilalbés fronte á SD Juvenil de Ponteareas, logo de perder 3–1 na ida, pero remontar 3–0 no partido de volta.
Outra nova edición foi organizada en 1962, empregando o sistema de liga e participando nela os equipos que xogaban na Segunda División: o Celta, o Ourense e o Pontevedra. O Ourense foi o campión.
Historial En letra grosa o resultado no campo do campión. Copa Galicia Tempada Campión Subcampión Global Ida Volta Incidencias 1936 Eiriña Deportivo da Coruña 6–4 4–2 4–0 1940 Compostela SC Celta de Vigo (reservas) 2–1 Final a un só partido 1944 SX Lucense Club Berbés 4–3 2–1 3–1 1946 Deportivo da Coruña Celta de Vigo 7–4 4–0 4–3 Empate nos partidos anteriores (1–1 e 1–1) 1948 Suspendeuse o torneo 1950 Deportivo Xuvenil Celta de Vigo — — — Non se xogou a final polas renuncias do Celta 1953 Arousa Club Santiago Xogado en forma de liga 1958 Gran Peña CD Lugo 4–4 2–0 4–2 2–0 no partido de desempate disputado en Ourense 1959 Coruxo Alondras 5–3 2–4 1–1 1961 Marín Foz 3–0 0–0 3–0 1962 Couto Club Turista 4–3 2–2 2–1 1963 Bueu SD Fabril 4–2 1–0 4–1 1964 Club Lemos Club Turista 3–2 1–2 1–1 0–1 antes da prórroga 1965 Pontevedra CF Deportivo da Coruña 6–2 2–1 5–0 1966 SD Compostela Coruxo 8–4 3–2 6–1 1967 SD Compostela Rápido de Bouzas 6–1 1–1 5–0 1968 As Pontes Rápido de Bouzas 5–1 3–0 1–2 1969 Bergantiños Club Turista 7–6 4–0 6–3 1970 Suspendeuse o torneo 1983 San Tirso Sporting Sada 3–2 Final a un só partido 1984 Galicia de Mugardos Sporting Sada 1–0 1–0 0–0 1985 Bergantiños Meirás CF 3–1 3–0 1–0 1986 Puebla CF CD Baio 4–1 2–1 0–2 1987 Vilalbés SD Juvenil 5–2 5–0 2–0 1988 Tomiño SD Juvenil 5–4 2–3 1–3 1989 Tomiño CD Baio 8–3 2–2 6–1
Copa Federación Galega de Fútbol Tempada Campión Subcampión Global Ida Volta Incidencias 1947 Racing de Ferrol Deportivo da Coruña Xogado en forma de liga 1953 Betanzos SD Eumesa O grupo sur foi suspendido 1954 Vilalbés SD Juvenil 4–3 3-1 3-0 1962 CD Ourense Celta de Vigo Xogado en forma de liga
Palmarés Copa Galicia Club Campión Subcampión Títulos(tempadas)SD Compostela201966, 1967Bergantiños FC201969, 1985Tomiño FC201988, 1989Deportivo da Coruña121946Coruxo FC111959Eiriña CF101936Compostela SC101940SX Lucense101944CD Xuvenil101950Arousa SC101953Gran Peña FC101958Marín CF101961AD Couto101962Bueu SD101963Club Lemos101964Pontevedra CF101965CD As Pontes101968San Tirso SD101983SDC Galicia101984Puebla CF101986RC Vilalbés101987Celta de Vigo03Club Turista03Rápido de Bouzas02SD Sporting Sada02SD Juvenil02CD Baio02Club Berbés01Club Santiago01CD Lugo01Alondras CF01CD Foz01Fabril01Meirás CF01
Copa Federación Galega de Fútbol Club Campión Subcampión Títulos(tempadas)Racing de Ferrol101947Betanzos CF101953RC Vilalbés101954CD Ourense101962Deportivo da Coruña01SD Eumesa01SD Juvenil01Celta de Vigo01
Fútbol feminino
A primeira Copa Galicia de fútbol feminino disputouse en 1984. Ao longo do tempo ten recibido outros nomes como Copa Federación Galega de Fútbol ou Copa GalizaEste mediodía se monta la primera Copa Galiza para equipos femeninos El Correo Gallego e dende 2012 o torneo dividiuse en varias categorías en función da división á que pertencen os equipos participantes.