Apo tin akri tis polis (en ) é un filme grego de 1998 dirixido por Constantinos Giannaris. Foi escollido como candidato de Grecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 72ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Un grupo de mozos gregos pónticos refuxiados de Rusia viven en Menidi, un suburbio nos límites de Atenas. Sasha, o personaxe principal, deixa o seu traballo e choca co seu pai. A súa situación emprázao a perseguir o diñeiro fácil, acabando no escuro mundo da prostitución e das drogas.
Personaxes Stathis Papadopoulos como Sasha Theodora Tzimou como Natasha Costas Kotsianisis como Kotzian Panagiotis Hartomatzidis como Panagiotis
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Grecia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 72ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes en lingua grega Categoría:Filmes de Grecia Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Grecia