miniatura|230px|Deus creando o universo a través de principios xeométricos. Frontispicio da Bible Moralisée (1215). miniatura|230px|Muller ensinando xeometría. Ilustración do libro Os elementos, de Euclides, na tradución atribuída a Adelardo de Bath (1309-1316). A ciencia medieval refírese aos descubrimentos no campo da ciencia (ou filosofía natural, como se denominaba daquela) que ocorreron na Idade Media, o período intermedio entre a Idade Antiga e o Renacemento, que representa o comezo de Idade Moderna, segundo a división tradicional dos períodos da historia da humanidade dentro da cultura occidental.

Considérase xeralmente, desde un punto de vista eurocentrista, que tras da caída do Imperio Romano de Occidente (476 d.C.),A convención histórica determinou que o Imperio Romano de Occidente acabou o 4 de setembro de 476, cando Odoacro depuxo a Rómulo Augústulo. Pero na práctica este asunto aínda é unha cuestión en debate. Porque Xulio Nepote reivindicou para si o título de emperador romano de Occidente, gobernando a provincia de Dalmacia, e foi recoñecido como tal polo emperador Bizantino Zenón I e por Siagrio, que conseguira manter un enclave romano no norte da Galia (coñecido como Reino de Siagrio). Odoacro autoproclamouse gobernador de Italia e comezou a negociar con Zenón. Este concedeulle a Odoacro o status de patricio como unha forma de recoñecemento da súa autoridade, e aceptouno como o seu vicerrei en Italia. Pero ao tempo insistiu en que Odoacro prestase honras a Nepote como emperador occidental. Odoacro aceptou as condicións e até emitiu moedas co nome de Nepote en Italia. Pero iso foi, porén, só un xesto político baleiro, xa que Odoacro nunca devolveu a Xulio Nepote ningún poder político ou calquera territorio. Nepote foi morto en 480 e Odoacro rapidamente invadiu e conquistou Dalmacia. gran parte de Europa (a Europa occidental) perdeu o contacto co coñecemento escrito, iniciándose a escura Idade Media.

Pero cómpre ter en conta os avances tecnolóxicos e a evolución do pensamento científico do mundo oriental (civilización árabe-musulmá) e, en primeiro lugar, os do Imperio Bizantino que, herdeiro do saber latino, e cos saberes que tomou do mundo árabe-musulmán, e mesmo dos da China, foi decisivo na construción da ciencia moderna.

O período da Idade Media esténdese desde a data antecitada até 1492 (data do descubrimento de América) e coñece un desenvolvemento sen precedente das técnicas e das disciplinas científicas, a despeito dunha imaxe escurantista, propagada polos manuais escolares. Na actualidade, é común considerar o desenvolvemento da ciencia como un proceso continuo e gradual, cos seus antecedentes tamén medievais, e tamén na Europa occidental.

De todos os xeitos, está claro que a Europa Occidental entrou na Idade Media sumida en grandes dificultades que minaron a produción intelectual do continente. Os tempos eran confusos e perdérase o acceso aos tratados científicos da antigüidade clásica en grego, quedando apenas as compilacións resumidas e até deturpadas que os romanos traduciran ao latín.

Porén, co inicio do chamado Renacemento do século XII, renovouse o interese pola investigación da natureza. A ciencia que se desenvolveu neste período áureo da filosofía escolástica daba énfase á lóxica e avogaba polo empirismo, entendendo a natureza como un sistema coherente de leis que poderían ser explicadas pola razón. Foi con esta visión coa que os sabios medievais se lanzaron na procura de explicacións para os fenómenos do universo e conseguiron avances importantes en áreas como a metodoloxía científica e a física.Oliveira, Terezinha (xuño de 2007): Origem e memória das universidades medievais a preservação de uma instituição educacional (HTML). En Varia história 26 (37): páxs. 113-129. Belo Horizonte. DOI:10.1590/S0104-87752007000100007. ISSN 0104-8775. Consultada o 10 de maio de 2011. Estes avances foron repentinamente interrompidos pola peste negra, e son case descoñecidos para a maior parte do público contemporáneo, que moitas veces aínda considera o período medieval como unha suposta Idade das Tebras.

De acordo con Pierre Duhem, que pensa que os estudos académicos da ciencia medieval están fundados na crítica que os positivistas da época das Luces, no século XVIII, antiaristotélicos e anticlericais, pódense ver as orixes conceptuais de varios avances da ciencia no renacemento do século XIII, entre os séculos XII e XIV, nas obras de eclesiásticos como Tomé de Aquino e Jean Buridan.Duhem traballou en Les origines de la statique en 1903, cando topou coas referencias de Jordanus Nemorarius. Isto provocou o seus sagaces estudos sobre a ciencia e a cosmoloxía medieval, que apareceron por primeira vez publicados en 1913 como Le Système du monde (só cinco dos seus dez volumes foron publicados antes da súa morte). Foron traducidos ao inglés por Roger Ariew baixo o título Medieval Cosmology. Cf. Pierre Maurice Marie Duhem . Jordanus Nemorarius foi un matemático do século XIII do que se teñen poucos datos. Coñécense varios traballos seus, pero non se sabe nada da súa vida. O dominico inglés Nicolás Triveth nunha crónica, identifícao con Jordanus Saxo ou Xordán de Saxonia, quen en 1222 fora o sucesor de San Domingos de Guzmán como superior da orde, e a quen atribúe as obras de Nemorarius De ponderibus Jordani e De lineis datis Jordani. Sobre esta base afírmase que naceu en Borgentreich, actualmente distrito de Höxter, Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, e que morreu nun naufraxio. Porén, Hughes (1981) cuestiona esta identificación, porque nin Nemorarius se identifica como sacerdote, nin como Saxo, nin o superior dominico se refire como Nemorarius nos documentos da época, nin o nome de Jordanus Nemorarius aparece en ningunha lista de clérigos. A única referencia probada é unha nota de 1250 de Richard de Fournival, chanceler da Catedral de Amiens, que enumera as obras que desexaba obter para a biblioteca, e inclúe catro libros de "Jordanus Nemorarius".

Historia da ciencia na Europa medieval

Acostúmase dicir, e non sen razóns, que os romanos eran un pobo de orientación práctica. A pesar de estaren marabillados cos descubrimentos do pasado grego, non chegaron a formaren novas institucións que buscasen especificamente entender o universo ou o mundo natural.

Os verdadeiros centros de produción de coñecemento do Imperio Romano localizábanse no seu lado oriental, de cultura grega, no chamado período helenístico. Fundáranse antes do dominio romano e xa non mantiñan a mesma forza creativa de períodos anteriores.William Stahl (1962): Roman Science, Madison: Univ. of Wisconsin, 1962, páxs. 120–33.Edward Grant (1996): The Foundations of Modern Science in the Middle Ages. Cambridge University Press. páxs. 13–14. ISBN 0-521-56137-XRonan, Colin A., "6. Ciência Romana e Medieval", Jorge Zahar Editor / Círculo do Livro S.A., História Ilustrada da Ciência da Universidade de Cambridge, Volume II, São Paulo, Brasil, 1987. páxs. 130-158.

Como a clase rica do Imperio era bilingüe, non se sentía a necesidade de traducir os tratados científico-filosóficos producidos pola civilización grega. E así, era común encontrar compilacións resumidas das principais correntes do pensamento grego en latín. Estes resumos eran lidos e discutidos nos espazos públicos da axitada vida social romana.

Durante o proceso de desestruturación do Imperio Romano de Occidente, o occidente europeo foi pouco a pouco perdendo contacto co oriente, e a lingua grega acabou por ser esquecida. Deste modo, a Europa Occidental perdeu o acceso aos tratados orixinais dos filósofos clásicos, quedando apenas coas versións truncadas deste coñecemento que foran anteriormente traducidas. Sería como se perdésemos case todos os traballos científicos e nos quedasen só textos de revistas destinadas ao consumo popular.

Idade Media antiga miniatura|esquerda|240px|No inicio do período medieval, a vida cultural concentrouse nos mosteiros. Na imaxe, Claustro do Mosteiro de Silos. O Imperio Romano de Occidente, unido pola lingua latina, englobaba un gran número de culturas diferentes que foran asimiladas dunha maneira incompleta pola cultura romana. Debilitado polas migracións e as invasións das chamadas invasións bárbaras, pola desintegración política de Roma no século V e illado do resto do mundo pola expansión do islam no século VII, o occidente Europeo chegou a ser pouco máis que unha colcha de retallos de poboacións rurais e pobos seminómades. A inestabilidade política e o declinar da vida urbana golpearon duramente a vida cultural do continente.

A Igrexa católica, como única institución que non se desintegrou neste proceso, mantivo o que restou de forza intelectual, especialmente a través da vida monástica.Pierre Riché, Education and Culture in the Barbarian West: From the Sixth through the Eighth Century, Columbia: Univ. of South Carolina, 1976, páxs. 100–29.

A educación dos leigos sobreviviu modestamente en Italia, España e no sur da Galia, onde a influencia romana foi máis duradeira. No século VII, a instrución comeza a emerxer en Irlanda e noutras terras célticas, nas que o latín era unha lingua estranxeira, e os textos latinos foron estudados e ensinados con afán.Pierre Riché, Education and Culture in the Barbarian West: From the Sixth through the Eighth Century, Columbia: Univ. of South Carolina, 1976, páxs. 307–23.

O home instruído destes primeiros séculos era case sempre un clérigo para quen o estudo dos coñecementos naturais era unha pequena parte da escolaridade. Eses estudosos vivían nunha atmosfera que daba prioridade á fe e tiñan a mente máis voltada para a salvación das almas do que para o cuestionamento de detalles da natureza. Alén diso, a vida case sempre insegura e economicamente difícil desta primeira parte do período medieval mantiña o home centrado nas dificultades do día a día. Deste modo, as actividades científicas reducíranse practicamente a citacións e comentarios de obras que facían referencia á antigüidade clásica; estes comentarios estaban por veces cheos de erros, xa que os textos usados como referencia, as obras que quedaran en latín, tiñan informacións truncadas e até deturpadas.

No final do século VIII, houbo unha primeira tentativa de rexurdimento da cultura occidental. Carlomagno conseguira reunir gran parte de Europa baixo o seu dominio. Para unificar e fortalecer o seu imperio, decidiu executar unha reforma na educación. O monxe inglés Alcuíno elaborou un proxecto de desenvolvemento escolar que buscou revivir o saber clásico establecendo os programas de estudo a partir das sete artes liberais: o trivium, ou ensino literario (gramática, retórica e dialéctica) e o quadrivium, ou ensino científico (aritmética, xeometría, astronomía e música). A partir do ano 787, dispuxo decretos que recomendaban, en todo o imperio, a restauración das antigas escolas e a fundación de novas. Institucionalmente, estas novas escolas podían ser monacais, baixo a responsabilidade dos mosteiros; catedralicias, xunto á sede dos bispados; e palatinas, xunto ás cortes reais.Wolff, Philippe (1968): O despertar da Europa. Lisboa: Ulisseia.Butzer, Paul Leo & Lohrmann, Dietrich (ed.) (1993): Science in Western and Eastern Civilization in Carolingian Times. Basel / Boston / Berlin: Birkhäuser Verlag. ISBN 0-8176-2863-0

Estas medidas terían os seus efectos máis significativos séculos máis tarde. O ensino da dialéctica (ou lóxica) foi facendo renacer o interese pola indagación especulativa; desta semente xurdiría a filosofía cristiá da Escolástica.Eastwood, Bruce S. (2007): Ordering the Heavens: Roman Astrology and Cosmology in the Caroligian Renaissance. Leiden / Boston: Brill. páx. 23. ISBN 978-90-04-16186-3 Alén diso, nos séculos século XII e XIII, moitas das escolas que foran estruturadas por Carlomagno, especialmente as escolas catedralicias, adquiriron a forma de Universidades.

Idade Media clásica