miniatura| Pagode Ichijō-ji na prefectura de Hyōgo. O budismo xaponés é o budismo practicado no Xapón desde a súa introdución oficial no ano 552, segundo o Nihon Shoki, por monxes coreanos de Baekje.

O budismo tivo unha grande influencia no desenvolvemento da sociedade xaponesa e segue a ser un aspecto influente da cultura ata hoxe.

Hoxe en día, as escolas budistas xaponesas máis populares son Terra Pura (浄土真宗, Jodo Shinshu) e zen.

Budismo e xintoísmo O xintoísmo ten hoxe ao redor de 119 millóns de seguidores no Xapón, aínda que se conta como tal a quen practique calquera forma de ritual do xinto. En 2008, arredor dun terzo dos xaponeses identificáronse como "budistas" e o número foi crecendo desde a década de 1980. Algunhas fontes indican unha porcentaxe moito maior, superando os dous terzos da poboación e outros mesturan ambas as crenzas ou tradicións, xa que moitos non as identifican como excluíntes.

En xeral, acéptase que a gran maioría dos xaponeses participan nalgunha forma do ritual xintoísta, mentres que a maioría tamén practica o culto budista aos antepasados. Non obstante, a diferenza de moitas prácticas relixiosas monoteístas, o xintoísmo e o budismo normalmente non requiren que aqueles que os profesan sexan crentes ou practicantes, o que dificulta a obtención de cifras baseadas na autoidentificación.

Debido á natureza sincrética das dúas relixións, a maioría dos eventos da "vida" son xestionados por rituais xintoístas, mentres que os eventos da "morte" ou "máis aló" son xestionados por rituais budistas (aínda que isto non é unha regra); así, é costume, por exemplo, no Xapón, rexistrar un neno ou celebrar o seu nacemento nun santuario xintoísta, mentres que os arranxos funerarios adoitan ser ditados pola tradición budista.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Asia Society Buddhism in Japan, consultado en xullo de 2012 .

Categoría:Relixión no Xapón