A ceca de Santiago de Compostela bateu moeda entre os reinados de Afonso VI e Henrique II nun período que abrangue desde 1078 ou 1079 ó 1379. Estaba, orixinariamente, na Rúa da Moeda Vella antes de ser trasladada a outro lugar hoxe descoñecido.Pita Fernández, R. (1999). Páxinas 66-68.

Historia Foi o bispo de Santiago de Compostela, Diego Páez quen en 1078 lle solicitou ó rei o privilexio de cuñar moeda para facer fronte ós gastos ocasionados polas obras na catedral. No ano 1085 foille retirado o privilexio de cuñaxe á igrexa compostelá logo da detención do propio bispo, non obstante a ceca seguiu a bater moeda pero administrada pola coroa.

Con Xelmírez á cabeza do episcopado compostelán reactívanse as obras catedralicias e solicítase o privilexio de cuñar moeda, o que consegue no ano 1107 para el e os seus sucesores e en 1109 conseguiu o dereito para a cuñaxe de moedas de prata, aínda que o certo é que non se conserva ningunha moeda en prata labrada na ceca compostelá. Moedas miniatura|Moeda de billón a nome de Fernando II de León (1157-1188) que reproduce o traslado en barco do corpo do Apóstolo Santiago cara a Santiago de Compostela. Museo das Peregrinacións e de SantiagoAfonso VI Diñeiro de billón

Afonso VII Diñeiro de billónvisigodo Fernando II Diñeiro de billón Afonso VIII Diñeiro de billón Henrique II Real de prata Cruzado de billón Cornado de billón Diñeiro de billón

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Moeda cuñada en Galicia Historia da moeda en Galicia Ceca de Lucus Augusti Real Casa da Moeda da Coruña Real Casa da Moeda de Xuvia

Ligazóns externas Foro taller numismático de Objectos y Monedas No Identificados (OMNI) Revista científica de Numismática OMNI Base de Datos de Moedas On-line (WikiMoneda)

Categoría:Casas de moeda de España Categoría:Numismática de Galicia Categoría:Santiago de Compostela