A bandeira do Acre é un dos símbolos oficiais do estado do Acre, no Brasil.ALVES. Derly Halfeld. Bandeiras: nacional, históricas e estaduais. Brasilia. Edições do Senado Federal, 2011. ISBN 978-85-7018-358-3. A bandeira actual foi presentada pola Lei nº. 1170 o 22 de decembro de 1995, adoptando o deseño da bandeira da República do Acre.

O seu deseño consiste nun rectángulo cunha proporción 7:10, dividido por unha liña diagonal dende a esquerda inferior á dereita superior. A esquerda superior é amarela cunha estrela vermella na esquina, e o dereita inferior é verde.

Simbolismo As principais cores da bandeira (verde e amarelo) son as mesmos que a bandeira do Brasil e son unha representación da integración no Brasil; por separado cada cor ten un significado específico:

A cor amarela, que representa a paz; A cor verde na esperanza.

A estrela vermella na esquina superior esquerda, chamada a "Estrela Solitaria", representa o sangue dos valentes que loitaron pola anexión do estado do Acre ao Brasil. A bandeira foi adoptada oficialmente polo gobernador Epaminondas Jácome.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Estado do Acre Categoría:Bandeiras do Brasil Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras introducidas en 1995