José Ramón Vidal Castelo, nado en Fruíme (Lousame) o 18 de outubro de 1951, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE, alcalde de Lousame entre 1979 e 2003.
Traxectoria Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi mestre en Noia. Militante do PSdeG-PSOE dende 1977,Reportaxe en La Voz de Galicia ed. Barbanza, 17-7-1999, p. 51. tralas eleccións municipais de 1979 foi elixido alcalde de Lousame polo PSdeG-PSOE ao gañar as eleccións con 6 concelleiros, o mesmo número que a UCD, e contar co apoio da AMDG, unha coalición que presentaba diversos candidatos comunistas e de esquerda en varios concellos. Nas municipais de 1983 foi reelixido alcalde ao obter a maioría absoluta con 11 concelleiros, fronte a só 2 de AP.
Revalidou a maioría absoluta nos comicios de 1987, 1991 e 1995. Foi deputado provincial polo Partido Xudicial de Noia entre 1991 e 1995, durante o goberno socialista de Salvador Fernández Moreda. Nas municipais de 1999 foi a candidatura máis votada, pero sen maioría absoluta, e gobernou en minoría.
Nas municipais de 2003 perdeu a alcaldía ao gañar o PPdeG e aliarse cunha edil independente, e foi voceiro na oposición durante todo o mandato. Volveu concorrer como candidato socialista nas municipais de 2007 e non foi elixido ao obter o PPdeG a maioría absoluta. Non chegou a tomar posesión como concelleiro, sendo substituído posteriormente á fronte dos socialistas lousamáns por Julio Paradela Busto.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Lousame
Ligazóns externas El socialista Vidal Castelo deja la primera línea de la política Julio Paradela releva a Vidal Castelo al frente de la agrupación de los socialistas de Lousame
Categoría:Alcaldes de Lousame Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Lousame Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes