A ortotanasia designa a actuación correcta ante a morte por parte dos que entenden ao que sofre unha enfermidade incurábel ou en fase terminal.
Por extensión, enténdese como a acción dos médicos de garantir o dereito do paciente a morrer dignamente, sen o emprego de medios desproporcionados e extraordinarios para o mantemento da vida. A ortotanasia distínguese da eutanasia en que a primeira non pretende nunca deliberadamente o adianto da morte do paciente.
Etimoloxía Provén dos vocábulos gregos orthos, que significa recto e axustado á razón, e thanatos que significa morte.
Véxase tamén Outros artigos Dereito a morrer Morte digna
Ligazóns externas
Categoría:Morte Categoría:Ética Categoría:Filosofía do dereito Categoría:Filosofía da vida