Ana Cebreiro Gómez, nada en Ferrol en 1971, é responsable de tributación internacional no Banco Mundial.

Traxectoria Ana Cebreiro é licenciada en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou o doutoramento en Barcelona e despois de dous anos trasladouse a Inglaterra á Universidade de Essex. Traballou nove anos na OCDE, no centro de política e administración tributaria e no 2013 empezou a traballar para o Banco Mundial.

En 2022 ingresou como académica correspondente da Real Academia Galega das Ciencias.

Notas

Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1971 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela