A Universidade Internacional da Rioxa (en castelán: Universidad Internacional de La Rioja), coñecida como UNIR, é unha universidade privada española cun reitorado situado en Logroño, A Rioxa. Tamén ten campus en México, Colombia, Perú e Ecuador. En febreiro de 2025, contaba con máis de 90.000 estudantes matriculados en estudos oficiais de 86 países, principalmente de España e América Latina.

En España a UNIR ofrece 55 títulos de grao, 155 mestrados oficiais e catro programas de doutoramento, todos eles avalados pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación e dentro do Espazo Europeo de Educación Superior. Tamén ofrece 83 títulos nacionais e programas de estudos avanzados en diversas áreas de coñecemento.

Historia Foi recoñecida en 2008 polo Parlamento da Rioxa"Ley 3/2008, de 13 de outubro, de reconocimiento de la Universidad Internacional de La Rioja. e após autorización por Decreto 69/2009, comeza a actividade académica"Decreto 69/2009", de 31 de julio, por el que se autoriza el comienzo de actividades de la Universidad Internacional de La Rioja, la implantación de enseñanzas conducentes a la obtención de determinados títulos de carácter oficial y se aprueban las normas de funcionamiento Réxese pola Lei de Ordenación Universitaria española, polas directrices da Unión Europea e polas normas do Estado español e a Comunidade da Rioxa. A súa estrutura, organización e funcionamento foron deseñados segundo parámetros e requisitos do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

O 8 de marzo de 2019 a UNIR, integrada no grupo rioxano Proeduca Altus, realizou a súa entrada no Mercado Alternativo Bolsista (MAB).

A Facultade de Empresa e Comunicación en outubro de 2019 e a de Educación en xullo de 2020 recibiron a Acreditación Institucional da ANECA. Outras 16 universidades españolas recibiron este recoñecemento ás súas respectivas facultades.

En marzo de 2021 o Grupo Proeduca adquiriu a escola de mercadotecnia dixital KSchool.

Método pedagóxico Susténtase nos seguintes alicerces:

Clases online en directo. En horario de tarde e mañá, as clases quedan gravadas e o alumno pode velas con posterioridade.

Titor persoal. Ten contacto periódico con cada estudante para apoialo durante o estudo, procurando un modelo adaptado a circunstancias persoais.

Avaliación continua: O claustro de profesores valora a evolución do alumno tendo en conta traballos, asistencia, participación e actividades.

Premios miniatura|Primeira gradación de UNIR

Entre outros galardóns UNIR recibiu a máxima condecoración que concede o Goberno autonómico da Rioxa ademais de distincións de organismos privados.

Polémica No curso 2020-21 os sistemas de identificación facial e tratamento de datos utilizados pola UNIR foron rexeitados por varios centos de estudantes. Agrupáronse na plataforma HUxIR contra o que consideraban unha vulneración de dereitos polo uso de Proctoring con control biométrico nos exames online. Cursaron unha denuncia á Agencia Española de Protección de Datos, que emitiu unha resolución de advertencia. A Universidade de León e a Universidade de Burgos que tamén usaban ese método de identificación abandonárono en 2022, a UNIR prescindiu da biometría, substituíndoa polo acceso a dúas cámaras como método de identificación, alén de ofertar os exames presenciais nun hotel habilitado. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

UNIR, sitio web . UNIR Ecuador . UNIR México . UNIR Colombia . Revista Española de Pedagogía . Nueva Revista, de Política Cultura y Arte . IJIMAI journal .

*