As Calanches de Piana ( ou ) son barrancos de paredes rochosas na costa de Piana en Corsica, entre Ajaccio e Calvi, no Golfo de Porto. Forman parte do Patrimonio da Humanidade da UNESCO que inclúe outros sitios do Golfo de Porto, debido á súa beleza, a súa rica biodiversidade mariña e o seu único maquis. Os cantís irregulares están feitos de ocre.
Xeografía Xeoloxía
As calanches son unha formación xeolóxica de rochas plutónicas que forman parte do conxunto denominado "Crystalline Corsica" en rochas magmáticas, ao oeste da liña que parte de Calvi e chega a Solenzara. A tradución de calanche como regato que aparece nalgún escritos é incorrento.
Relevo As calanches teñen a forma dunha pequena serra en forma de "V" que apunta cara á dereita nas Roches Bleues, que comeza ao norte sobre o barranco do Dardo situado na costa sur do Golfo de Porto e remata no sur na ponte de Cavallaghju. A cima sitúase en 698 m.. No medio hai unha rocha, dominada Capu Ghineparu (515 m.).
As calanches son atravesadas polo regato de Dardo. (Piazza Moninca río arriba) nace baixo o Capu di u Vitullu (1.311 m.). As súas augas servían antigamente para alimentar un muíño nun lugar chamado U Mulinu augas abaixo da ponte de Cavallaghiu.
Varios O 25 de novembro de 2021, unha pedra de 150 toneladas caeu do cantil e rachou unha estrada. O derrube non causou vítimas, pero con todo bloqueou o tráfico rodado e non se descarta o risco doutra caída.https://video.lefigaro.fr/figaro/video/en-corse-un-rocher-de-150-tonnes-tombe-et-fissure-une-route/
Acceso
É imposible acceder ao mar dende a estrada ás calanches de Piana.
Patrimonio da Humanidade Co Golfo de Porto, o Golfo de Girolata e a Reserva natural de Scandola máis ao norte, as calanche de Piana figuran dende 1983 na Lista do Patrimonio Mundial.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Reserva Natural de Scandola Golfo de Porto
Ligazóns externas Páxina oficial UNESCO World Heritage Centre, Gulf of Porto: Calanche of Piana, Gulf of Girolata, Scandola Reserve
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Francia