Ana Rivera Chaves, nada en Verín o 24 de abril de 1994, é unha xogadora de fútbol sala galega. Xoga de á-peche e o seu equipo actual é a Poio Pescamar FS da Primeira División de fútbol sala feminino de España.
Traxectoria Comezou a xogar na súa localidade natal deica os 13 anos cando marchou a Ourense para xogar co Ponte Ourense e alí permaneceu ata fichar polo AD Alcorcón FSF na tempada 2017-18 para volver a Galicia na tempada 2019-20 co Poio Pescamar FS.
Selección española Debutou o 1 de outubro de 2019 coa selección española nun partido amigable contra Portugal, que se xogou no pavillón Carolina Marín de Huelva. Con anterioridade chamárana para adestrar coa selección.
Notas
Categoría:Nados en Verín Categoría:Nados en 1994 Categoría:Xogadores de fútbol sala de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes