A bandeira da Illa de Nadal é o símbolo oficial do territorio australiano da Illa de Nadal. Foi adoptado de xeito extraoficial en 1986 tras ser elixido vencedora nun concurso para unha bandeira para o territorio. Foi deseñada por Tony Couch de Sydney, Australia. A bandeira foi oficializada en 2002 no Día de Australia, cando o administrador do territorio, Bill Taylor, presentou a bandeira á Comarca da Illa de Nadal.

Deseño A bandeira da Illa de Nadal consiste nun fondo verde e azul, dividido dende a esquina superior esquerda ata a parte inferior dereita. Estas cores pretenden representar a terra e o mar respectivamente. A constelación da Cruz do Sur aparece na parte inferior esquerda da bandeira do mesmo xeito que na bandeira de Australia. Na parte superior dereita, aparece o paxaro Phaethon lepturus fulvus unha das seis subespecies de Phaethon lepturus. Esta ave está considerada como un símbolo da illa. O último motivo que aparece no centro da bandeira nun disco dourado é o mapa da illa en verde. O disco dourado incluíuse orixinalmente para compensar a cor verde do mapa, mais quedou vinculado á industria mineira.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras de Australia Categoría:Bandeiras con animais Categoría:Bandeiras introducidas en 1986 Categoría:Bandeiras introducidas en 2002