Carla Simón Pipó, nada en Barcelona en 1986, é unha directora de cine e guionista española. En 2017 a Academia Española das Artes e das Ciencias Cinematográficas elixiu a súa primeira longametraxe, Estiu 1993 (2017), filmada en catalán, para representar España nos Óscar.

Traxectoria Carla naceu en 1986 en Barcelona e creceu en Les Planes d'Hostoles, unha pequena cidade catalá. Os seus pais morreron de sida cando tiña seis anos, e foi vivir cos seus tíos e cunha curmá algo máis nova á Garrocha. A experiencia vivida foi a cerna da súa primeira longametraxe, filmada enteiramente en catalán Estiu 1993 e estreada en 2017. O seu pai era galego.

Licenciouse en Comunicación Audiovisual pola Universidade Autónoma de Barcelona en 2009; estudou o máster en Calidade e Innovación TV organizado por Televisió de Catalunya en 2010 e o máster en Artes na London Film School (bolsa de posgrao da Obra Social "la Caixa"). En Londres dirixiu o documental Born Positive e a curtametraxe de ficción Lipstick.

Filmografía

Director

2025- Romería 2022 - Alcarràs (longametraxe), - [Estrea o 29 de abril de 2022] 2020 - Correspondencia (curtametraxe), codirixida con Dominga Sotomayor. 2018 - After Also (curtametraxe), España. 2017 - Estiu 1993 (longametraxe, 96'), España. 2014 - The Little Things (curtametraxe, 27'), Reino Unido. 2013 - Lipstick (curtametraxe, 9'), Reino Unido. 2012 - Born Positive (documental, 18'), Reino Unido, 2009 - Women (vídeo experimental, 6'), EUA 2009 - Lovers (vídeo poema, 25'), USA

Guionista

2022 - Alcarràs (longametraxe), co-guión con Arnau Vilaró 2018 - After Also (curtametraxe), co-guión con Aina Clotet 2017 - Estiu 1993 ( Verán 1993 ), longametraxe 2012 - Born Positive (documental) 2013 - Barra de beizos (ficción)

Premios e recoñecementos dereita|miniatura|300x300px| Simón recibiu dúas medallas CEC 2017 por Verano 1993. 2017 - Biznaga de Ouro á mellor película do Festival de Málaga en castelán así como o Premio Feroz Puerta Oscura á mellor longametraxe da sección oficial do mesmo festival -outorgado pola Asociación de Reporteiros Cinematográficos de España (AICE) -. Premio SGAE Dunia Ayaso, Premio SIGNIS, Premio ASECAN 2022 - Oso de Ouro na Berlinale pola súa película Alcarràs. 2023 - Premio Nacional de Cinematografía.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Directores de cinema de Cataluña Categoría:Españois de ascendencia galega Categoría:Personalidades do cinema de España Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona