Samuel Bartram, coñecido como Sam Bartram, nado en Jarrow o 22 de xaneiro de 1914 e finado en Harpenden o 17 de xullo de 1981, foi un futbolista profesional e adestrador inglés. Xogou de gardameta e foi o xogador que participou en máis partidos co Charlton Athletic F.C., o único club en que xogou a nivel profesional.

Traxectoria Cando rematou a escola, Bartram traballou nunha mina de carbón. Amais, xogaba tanto de dianteiro centro como de extremo dereito en categorías non profesionais no nordés de Inglaterra. Con 17 anos fixo unha proba para entrar no Reading F.C., mais non a superou.

En 1934, o club da súa vila, o Boldon Villa, ficou sen gardameta para unha final de copa, xa que o suplente, amais, estaba lesionado. O adestrador decidiu colocar a Bartram baixo a portería, pola súa aparencia corpulenta. Estaba entre o público Anthony Seed, un observador do Charlton Athletic. Bartram xogou tan ben que Seed recomendouno ao seu irmán, Jimmy Seed, asistente do adestrador do Charlton.

Nos seus primeiros tres anos no Charlton, o equipo ascendeu dende a Division Three até quedar en segundo posto na división máis alta. Xogou como gardameta no equipo durante 22 anos, até o seu retiro en 1956, e non aceptou convites doutros equipos durante a guerra. Está considerado un dos xogadores máis destacados do Charlton e o seu porteiro máis virtuoso. Ademais, extradeportivamente, gañou sona polo acontecido en 1937 durante un encontro contra o Chelsea en Stamford Bridge:

Xogou en catro finais en Wembley entre 1943 e 1947 (as finais da FA Cup en 1946 e 1947, e a Southern Football League War Cup en 1944 e 1945), e gañou a FA Cup en 1947. Durante a semifinal contra o Newcastle United en Elland Road o 29 de marzo de 1947, Bartram estaba a sufrir unha intoxicación alimentaria, polo que xogou cun cataplasma quente sobre o estómago.

Durante a Segunda guerra mundial, Bartram liderou o York City, o Liverpool e mais o West Ham United. Tamén exerceu de instrutor de fitness.

Malia Bartram visitar Australia como parte do 11 inicial de Inglaterra en 1951 e xogar para a selección B de Inglaterra, tivo a deshonra indesexada de ser 'o porteiro máis virtuoso de Inglaterra que nunca xogou polo seu país', xa que na Selección de fútbol de Inglaterra eran Frank Swift e Ted Ditchburn quen disputaban a posición de gardameta.

O 6 de marzo de 1954 logrou o récord de partidos xogados na Liga de Fútbol inglés, con 500. Con 40 anos ficou en segunda posición na clasificación de "Futbolista do Ano" 1954.

Bartram é o xogador de maior idade do Charlton, xa que xogou até os 42 anos. Retirouse en 1956, despois de 623 partidos, e foi o adestrador do York City. Entre 1960 e 1962 foi o adestrador do Luton Town, e posteriormente foi columnista de fútbol para o xornal The People. Pasou os seus últimos anos na vila de Harpenden.

Legado e vida persoal miniatura|Estatua de Bartram, 2009. Entre 1976 e 1977 construíuse unha urbanización nuns terreos propiedade de Jimmy Seed, un bloque de pisos e sete casas, que recibiu o nome de Sam Bartram Close.

En 2005 inaugurouse unha estatua de Sam Bartram nas inmediacións do estadio do Charlton Athletic, The Valley, para celebrar o centenario do club.

Cincuenta anos após a súa xubilación, o Charlton bautizou como Bartram o bar e o restaurante do seu estadio na honra do gardameta.

Era o sobriño de Jimmy Bartram, un dianteiro que xogou no equipo escocés Falkirk F.C.

Estatísticas como adestrador EquipoDendeAtéRexistrosXGPEYork City1 de marzo de 19561 de xullo de 1960211857056Luton Town1 de xullo de 19601 de xuño de 196295354218

X: xogados — G: gañados — P: perdidos — E: empatados

Notas

Referencias

Véxase tamén

Categoría:Adestradores de fútbol de Inglaterra Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Futbolistas de Inglaterra Categoría:Finados en 1981 Categoría:Nados en 1914