A necrópole de San Mamede é unha necrópole altomedieval situada en Vilar de Astrés.

Características

Sitúase a carón do camiño que vai desde Reza Vella cara aos Chaos de Amoeiro, parte da vía que ligaba Ourense con Iria Flavia e Lucus Augusti.

Está formada por catro tumbas antropomorfas, escavadas nunha rocha, cun rebaixe de entre 8 e 10 cm para a tampa. Hai restos doutras tumbas, que quedaron destruídas pola extracción de pedra para a cantaría.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Capela e necrópole de San Vítor de Barxacova

San Mamede Categoría:Ourense Categoría:Ourense sen imaxes Categoría:Necrópoles