Vladimir Georgiievich Titov, nado en Sretensk (Krai de Zabaikalski, Rusia), o 1 de xaneiro de 1947, é un cosmonauta ruso que participou nas misións Soiuz T-8, Soiuz T-10-1, Soiuz TM-4, Soiuz TM-6, STS-63 e STS-86.
Traxectoria Titov graduouse no Instituto Superior da Forza Aérea en Chernigov (Ucraína) en 1970, e na Academia Iuri Gagarin da Forza Aérea en 1987. Foi elixido para ser parte do corpo de cosmonautas en 1976, participando nas misións Soiuz T-8, Soiuz T-10-1, Soiuz TM-4, Soiuz TM-6, STS-63 e STS-86 e pasando 387,03 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz T-8 Soiuz T-10-1 Soiuz TM-4 Soiuz TM-6 STS-63 STS-86
Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Rusia