Bebedeira é un libro de poesía de Florencio Delgado Gurriarán publicado pola Editorial Nós en 1934.
Características É un poemario vinculado ao hilozoísmo de Luís Amado Carballo. Por este libro pertence o autor á Xeración de 1922 ou 1925. Ricardo Carballo Calero descríbeo como «unha turbulenta visión da dionisíaca terra de Valdeorras. É unha descrición poética de forte alento xeórxico, dun ruralismo moi animista e sanguíneo».
Segundo Ricardo Gurriarán:
Tivo unha notable acollida da crítica. Carballo Calero, Otero Pedrayo, Xohán L. Ramos e Antón Vilar Ponte deixaron positivas palabras do poemario.
Segundo a Editorial Galaxia:
Edicións Bebedeira foi editado por Nós en 1934, con portada de José de Castro Arines, discípulo de Castelao e galeguista.
Foi reeditado en Xerais en 2022 da man de Xosé Ramón Pena e en Galaxia no mesmo ano en edición de Dulce Fernández Graña.
Poemas Sen título (Bebedeira na ed. de 1934 e Teu cabelo é viño branco en 1981)
Hino ao viño Cantiga de vindima
Cousas. Dez cousas de Valdeorras (no vran)
Cousas das serras Cousas do outono Arelas Quince anos
Enterro No vencello dos meus brazos Festas. Folión de vran Ruada
Muiñada Aí vén o Maio San Xosé Miudezas. Matanza A cadea
Dores do agro Amores A lúa, branca pastora Operación Liorta Romanzos. Romanzo do cabaleiro ourizo
Romanzo da terra doente Vente, ventiño do norte Amencer de San Xoán Camiño da serra Romanzo da dona outonía A traxedia dos castiñeiros. O castiñeiro morto Tristura do souto mudo Paisaxes. Paisaxes de inverno Inverno no monte
Notas
Categoría:Obras literarias de 1934 Categoría:Florencio Delgado Categoría:Obras de poesía en galego