A bandeira da República de Baxkortostán (en , Bashqortostan Respublikahy flagy) é un dos símbolos oficiais da República de Baxkortostán, xunto co seu escudo de armas e o himno nacional de Baxkortostán. A bandeira ten tres franxas horizontais. De arriba abaixo, as raias son de cor verde, branca e azul verdoso. A bandeira úsase oficialmente como bandeira da República de Baxkortostán dende o 25 de febreiro de 1992. A franxa branca da bandeira está cargada cunha flor de Kurai no centro.
A primeira entidade nacional que representaba ao pobo baxkir foi o estado de Bashkurdistán. O estado usou unha bandeira similar á bandeira actual de Baxkortostán. A bandeira era tricolor composta por azul, verde e branco. Despois da asimilación de Bashkurdistán á Unión Soviética en 1919, Bashkurdistán foi absorbido pola URSS como unha república autónoma. A República Soviética de Bashkir usou unha bandeira similar a todas as repúblicas autónomas: unha bandeira vermella coa inscrición do nome da nación.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras de suxeitos federais de Rusia Categoría:Baxkortostán Categoría:Bandeiras introducidas en 1992