A illa Avery (historicamente, en francés: Île Petite Anse) é un domo salino, que é coñecida como a fonte da salsa Tabasco.
Situada na parroquia de Iberia, Luisiana, nos Estados Unidos, atópase aproximadamente a 4,8 km no interior da baía de Vermilion, que á súa vez se abre ao golfo de México.
Rodeada de pantanos e marismas, a illa Avery é un lugar misteriosamente fermoso onde crecen os campos de pementa, e onde esta a fábrica da salsa Tabasco dos McIlhenny, onde os seus empregados seguen vivindo e traballando como o fixeron durante xeracións. É un paraíso natural, habitado por especies exóticas de plantas e animais de todo o mundo que, baixo a coidadosa xestión da familia Avery/McIlhenny, mantívose así até hoxe.Welcome to Avery Island: Hom e of Tabasco.
Notas
Véxase tamén
Ligazón externa Avery Family of Louisiana, 1796-1951
Categoría:Illas dos Estados Unidos de América