O pronome de solidariedade é unha forma do pronome átono de segunda persoa que se emprega cando se quere facer participar ao interlocutor (ou interlocutores) do que estamos a dicir, implicándoo afectivamente na acción expresada polo verbo.
A información que expresamos nunha oración non se ve alterada pola presenza ou ausencia do pronome de solidariedade. Distinguímolo dos outros pronomes en que, se o suprimimos, non se altera a frase.
Eu márcholle que levo présa ¡Estache boa a comida! Évos unha boa cousa
As formas son distintas segundo sexan un ou varios interlocutores e segundo empreguemos o tratamento da familiaridade ou o de cortesía:
Un interlocutor Varios interlocutores Tratamento familiar che vos Tratamento de cortesía lle lles
Cando nos diriximos a varios interlocutores e temos, polo tanto, que usar a forma de plural do pronome de solidariedade, pode aparecer tamén unha forma redundante singular:
Estáchevos boa a comida, Maruxa! Échevos unha boa cousa
Pronome de solidariedade galego