Jorge Luengo, nado en Cáceres o 18 de febreiro de 1984, é un ilusionista, mentalista e presentador español. Gañou en 2009 o II Mundial de Maxia da FISM, celebrado en Pequín, na categoría de Invención, e o Premio Mundial ao Talento da Comisión Europea en 2010 en Bruxelas.
Traxectoria Con 15 anos de idade realizou as súas primeiras actuacións. Dous anos despois empezou a actuar todas as semanas. Antes de cumprir a maioría de idade empezou a estudar a primeira das súas tres enxeñarías. Desde entón foi convidado a un gran número de eventos en Europa, entre eles, no Museo do Louvre en París, no Centro de Congresos Pierre Baudis en Tolosa e no O2 Arena de Praga.
Luengo estudou tres enxeñarías e, amais, psicoloxía e neuropsicoloxía. Foi profesor de matemáticas durante case tres anos antes de dedicarse ao ilusionismo en exclusiva. Desde entón ten aparecido en espectáculos de televisión. Tamén é coñecido por hipnotizar en directo a persoeiros como o piloto Marc Márquez.
En 2012 púxolle voz a un mozo meigo en Sorcery, un videoxogo de PlayStation 3.
Como ilusionista, mentalista, mago e conferenciante tamén participou en programas de televisión nacionais. Actuou para personalidades como a Familia real española, Rafael Nadal, Cristiano Ronaldo, Alejandro Sanz, Cristina Pedroche, Joaquín Sabina ou Carlos Baute.
En televisión colaborou nos programas Todo Va Bien, ¡Que tiempo tan feliz!, Cabaret Olé, Hermano mayor, Hoy cocinas tu ou La Mañana. Tivo durante un tempo un programa propio, Desafío Mental, na canle Discovery Max.. Tamén participou como convidado en MasterChef, Zapeando ou Pasapalabra, tanto na súa etapa en Telecinco como en Antena 3.
En 2019 e 2020 presentou dous programas especiais de maxia, 'La Estrella de la Navidad' e 'La Magia del Amor' en Telemadrid. Tamén participou en diversos programas de Canal Extremadura como 'Extremadura Mágica' ou 'Sígueme'.
Desde setembro de 2020 é colaborador habitual do programa "El show de Bertín" en Canal Sur.
Premios Algúns dos premios que obtivo son:
Premio Mundial de Invención en Pequín (2009) Premio Mundial ao Talento da Comisión Europea (2010) Primeiro Premio Nacional da Maxia (España) Premio “De pura raza” ao mellor mago do ano (2013).
Publicacións Supertrucos mentales para la vida diaria (2018)
Notas
Categoría:Nados en Cáceres Categoría:Nados en 1984 Categoría:Personalidades da maxia