O Fameniano, Famenniano ou Fameniense é unha división da escala temporal xeolóxica, que é a última idade do Devoniano Superior e, por tanto, do período Devoniano. Foi nomeado pola rexión natural de Famenne no sur de Bélxica.
Comezou hai 374,5 ± 2,6 millóns de anos e terminou hai 359,2 ± 2,5 millóns de anos. Foi precedido polo Frasniano e seguido polo Tournasiano.
Foi nesta idade cando apareceron os primeoros tetrápodos. Nos mares, un abundante grupo de cefalópodos amonoides chamados climénidos apareceu, os placodermos e os trilobites empezaron a declinar, e os tiburóns a predominar. En xeral, moitas especies extinguironse nesta época na Extinción masiva do Devoniano.
Categoría:Devoniano